<$BlogRSDURL$>

25.3.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Cinema e sociedade: De Caligari a Hitler (e IV).

Por todo o exposto non é de extrañar que esta teoría de Kracauer fose polémicamente tratada por autores posteriores. Se ben en 1947 o libro De Caligari a Hitler é unha novidade notable pioneira na hermenéutica do cinema, vista dende hoxe en día, os vencellos que establece o autor alemán entre as obras cinematográficas e a sociedade que as produce son sumamente febles. Non se pode aceptar, como defende o autor alemán, a existencia desas estruturas psicolóxicas que compartirían os membros-masa dunha “mentalidade colectiva nacional” (concepto de existencia máis que dubidosa) e polo tanto, e lóxico discrepar tamén coa idea de que en moitos dos filmes que estudia o autor latexen agochados, coma unha pulsión insconciente, os verdadeiros motivos que conduciron á sociedade alemana ao réxime nazi.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License