22.3.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Cinema e sociedade: De Caligari a Hitler (I)
Siegfried Kracauer é o gran precursor no estudo da visión dunha sociedade a través do cinema. O libro De Caligari a Hitler. Una historia psicológica del cine alemán foi publicado en 1947 no seu exilio norteamericano. O autor xudeo-alemán deixa claro xa dende o prefacio as pretensións desta investigación:
Mi tesis consiste en que pueden revelarse, por medio de un análisis del cine germano, las profundas tendencias psicológicas dominantes en Alemania de 1918 a 1933, tendencias que influyeron en el curso de los acontecimientos del período indicado y que habrán de tomarse en cuenta en la era posthitleriana.
Nunha época na que a teoría filosófica estaba moi interesada no estudo das sociedades de masas, Kracauer supón que os motivos cinematográficos populares satisfacen os desexos reais desas masas. É por iso, polo que para achegarse á mentalidade dunha nación privilexia o estudo dos filmes por riba dos demáis medios artísticos .
Etiquetas: Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario