4.3.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
O pasado xoves fun ao cinema. Cheguei tres minutos tarde, entrei a escuras e o filme xa comezara. Ao final da proxección dinme conta de que estaba so, das cento e pouco butacas coas que contaba esa sala a miña era á única que estaba ocupada. Ou sexa, que nesa proxección gañaron 5,20 euros.
Os hábitos cambian e aínda que hoxe en día "consúmense" un gran número de filmes, nese ritual social que é ir ao cinema cada vez participa menos xente. A calidade dos equipos audiovisuais caseiros, o desplazamento das salas de exhibición do centro á periferia das cidades, a amplia e diversa oferta de ocio e as descargas ilegais (maioritarias neste intre no contexto español) e legais (de certa importancia en Estados Unidos pero non aquí) e o aluguer de DVD´s fai que dea certa preguiza saír de casa para ir ver unha película.
Etiquetas: Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario