21.2.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común
A propósito dos comentarios feitos antonte...
EUSONEU escribiu que: Oe, viches en Arco algunha obra que exhibiran antes na Chocolateria? Digocho porque na tele botaron imaxes dunhas caixas e pensei que quizáis esas caixas foran as famosas caixas que provocaron unha polémica. Tal vez non o son, pero quedoume a dúbida.
En Arco había obras de artistas que expuxeron na Chocolataría (Bechara, Antía Moure, moitas de Opie...). As instalacións das "caixas baleiras" do ex-espazo artístico compostelán eran de Suso Fandiño. Eu o que vin del en Arco estaba na galería viguesa Ad Hoc e era un vídeo e algunha obra gráfica reinterpretacionista cun "toque Lichtenstein 2.0" (versión actualizada, parca en cores e protagonizada por adolescentes irónicamente trascendentes que falan en inglés).
Podes ver algunhas destas obras http://sfandino.blogspot.com
Etiquetas: Arco, Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario