27.2.07
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Nin os versos de Rosalía, nin os textos políticos de Castelao, nin a pintura de Laxeiro, nin os filmes de Chano Piñeiro, nin os libros de historia de Villares, nin a roupa de Florentino-Pernas-Verino-Domínguez, nin a música popular, nin tan siquera a lingua... O maior vínculo identitario que ten o galego de diáspora coa terra é a gastronomía. Por iso, nestas datas de post-antroido, despois dunha viaxe express a Galicia vimos cargados de filloas.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
Comments:
Publicar un comentario