22.2.07
Bloguería, bloguería...
D.- Significamos unha especial habilidade para realizar unha acción engadindo "de cine".
E.- PERIFÉRICOS máis que un blogue axenérico e un blogue interxenérico no que conviven personaxes tan diversos como Isaac Marcel, María Xosé ou Borjamari (por certo ¿Que será de Borjamari?) porque a nosa identidade é única e múltiple.
C.- Hai otros blogs que se adscriben a un xénero. Na sección Escribir de cine agrupei catro blogs que teñen no seu punto de mira a arte cinematográfica.
I.- Tanto Memoria de Bolboreta como Sir Austin Powers realizan as súas reflexións tomando o filme como punto de partida. A obra sírvelles como texto para elaborar o seu discurso.
N.-Dani Lebowski da unha visión máis interna e biográfica: viaxes, rodaxes, curtas propias, referencias a autores novos....
E.- Por último, Alex de la Iglesia tamén ten un blogue propio (chámase Blasfemando en el Vórtice del Universo) nel conta que tal lle vai na súa última rodaxe.
Na columna de ligazóns da dereita podedes acceder a todos estes blogues (non puxen links na anotación porque non funciona ben este teclado). Agardo que disfrutedes destas lecturas.
Etiquetas: Bloguería
Comments:
Publicar un comentario