8.2.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común
Vivimos na paradóxica situación de ocultar no noso día a día a dor e a morte como se fosen estigmas e de convertilas nun espectáculo mediático cando se trata de xente que pode ser carnaza da prensa mal bautizada do corazón (ainda que a pretensión e a vontade do enfermo/difunto ou da súa familia non sexa esta). Paradoxas do noso mundo sen elipses, no que todo se graba e o que non se exhibe en imaxes en movemento parece que non existe.
Comments:
Publicar un comentario