<$BlogRSDURL$>

20.2.07

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

A propósito dos comentarios de onte...

Mendinho escribiu que: "Pois iso que non viches o video en YouTube dos graciosos que meteron un cadro pintado por nenos de tres anos e algún crítico atreveuse a dicir que era unha obra magnífica onde se notaba claramente a represión sexual do artista (?)".

O Buscador, programa de Telecinco colgou en ARCO un cadro feito por uns nenos de gardería e logo recolleu as impresións que a xente tiña sobre esta obra e o seu prezo (12000 euros). A unhas señoras o valor económico lles parecía moi ben porque dicían que a arte non tiña prezo, un home falaba de que seguramente se trataba dun artista cunha gran vida interior, para outro home (máis maior) a obra expresaba a represión sexual.

Cando a obra se convirte nunha experiencia intelectual na que se busca unha resposta sentimental prescindindo para elo de calquera referente o diálogo que establece co espectador é algo suxetivo e aberto. O erro destas interpretacións está unicamente en ter en conta o que sinte o artista sobre o que sinto eu. ¿Que sinto eu -espectador- diante deste cadro?.

Como todo produto as obras dos artistas tamén funcionan como "marcas" ¿Por que levo uns tenis Nike se probablemente unhas zapatillas de menor custo económico me farían mesmo servizo? Dúas lentes ca mesma calidade e deseño teñen un prezo diferente simplemente polo feito de que se imprima nelas Ray Ban. Pois coa obra artística pasa o mesmo. Se ese cadro feito por pícaros de gardería estivese firmado por algún artista recoñecido multiplicaría o seu valor. Isto non é exclusivo da arte, o mesmo pasa no supermercado que temos en fronte de casa.

Por estas contradiccións non podemos xulgar o valor dunha creación simplemente polas formas. O texto non é suficiente, non nos da todas as claves para interpretalo e aí é onde entra o contexto.


Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License