<$BlogRSDURL$>

18.2.07

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

ARCO para principiantes

1º.- Se tes pensado pasar en ARCO todo o día o mellor é que prepares un tupper ou un bocata na casa e que ademáis leves algo de beber. Os prezos das cafeterías do IFEMA non son baratos.

2º.- Vai cómod@. Nada de postureo. ARCO da moito que patear.

3º.- Se eres estudante lémbrate de levar o carnet de estudante e o D.N.I (son dez euros menos).

4º.- Se chegas en CERCANÍAS a Madrid podes cambiarte de liñá en Atocha e continúar en tren ata Nuevos Ministerios. Alí pilla a liña 8 de Metro dirección Barajas e baixate en Campo de las Naciones.

5º.- A entrada para estudante vale 20 Euros a entrada que non é reducida vale 30.

6º.- Se che interesa pillar o catálogo (non é máis que unha especie de "memoria" das galerías que participaron) págao xunto coa entrada e terás desconto.

7º.- Aínda que teñas o ticket non recollas o catálogo ata que te vaias. Son dous libracos que pesan de carallo.

8º.- Se o que che gusta de verdade é a arte que se está facendo agora comeza o teu percorrido polo pavillón 9.

9º.- É imposible ver ARCO nun so día. Non te agobies. Selecciona e disfruta.

10º.- Píllate un plano (gratuito). Servirache para orientarte.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License