1.2.07
Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Saíu na prensa local de Xetafe que o concello quería adquirir unha colección de arte valorada en 60 millóns de euros. Ao ler sesenta millóns de euros pensei que se trataba dun erro, pero non, efectivamente estamos a falar do que antes eran 10.000 millóns de pesetas. A colección pertence a De Mora Granados Family Collection, S.L. (na que hai obras de Botero, Miró, Barceló...) e a súa adquisición estaría enmarcada dentro da creación dun futuro museo de arte contemporánea (tendo o Reína Sofía a quince minutos en Cercanías dende a estación de Getafe Centro). Pode resultar paradóxico que eu me poña en contra desta adquisición, penso que hai que gastar en cultura pero non despilfarrar. Ademáis estamos ante un modelo no que probablemente non hai proxecto museolóxico previo, é dicir, unha vez adquiridas as obras que facemos con elas. Hai que exhibilas, mantelas, conservalas.... O proxecto soa a refrito e o que sobra en España son contedores de arte, edificios que xorden sen un proxecto previo serio. Primeiro facemos o edificio e logo pensamos que facer con el.
Etiquetas: Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario