29.12.06
Os dramas de María Xosé
Vaia, vaia!! Parece que PERIFÉRICOS se pon apocalíptico. Eu como estamos nestes días quero dar un "toque polvorón" e contar para que utilizou un colega meu peruano as cámaras de videovixiancia do casco histórico de Santiago. Resulta que non sabía como celebrar o seu aniversario a distancia coa moza (que estaba en Perú) e tampouco tiña pelas para mandarlle un agasallo, así que o que fixo foi facer un cartel enorme que puña "TE QUIERO" e dicirlle a súa moza que se conectase á páxina onde se pode ver o que está sucedendo na Praza da Quintana. E á mesma hora e o mesmo día en que se namoraron o peruano chantouse co enorme cartel de "TE QUIERO" na Quintana mentras a súa namorada o vía a miles de kilómetros. ¡¡¡Se me fan iso a min derrítome!!! Bueno, aínda que se teño un mal día tamén me pode parecer unha horterada (estou segura que no fondo me ía facer ilusión, pero co mozo tan soso que teño pouco poido esperar).
28.12.06
Comunicando... (Marga Román)
Como as tecnoloxías avanzan que é unha barbaridade probablemente as imaxes do Google Earth dentro duns anos sexan en directo. Imaxes en movemento nas que se verá o que pasa nese intre nas rúas. Da vertixe pensar que nos podemos convertir en participantes dun gran irmán global. Un ollo dende o ceo poderá observar como vostede leva a bolsa da compra, como aparca o coche, como bica ao seu mozo ou marido... Poderano ver a vostede porque é un cidadán común pero probablemente non terán a posibilidade de ver o que fai Zapatero nos xardíns de Moncloa, ou o rei no seu chalé de Ibiza.
27.12.06
Comunicando... (Marga Román)
Unha pode exhibir os seus hábitos de vida nun reality, saír do armario nun chat show vespertino (isto case sempre fanno os homes), coñecer o sexo do seu fillo en directo (como se fixo en El hormiguero), poñer a parir a coñecidos e descoñecidos nun deses programas de mañá ou ver practicar sexo na múltiple e variada oferta pornográfica nocturna que ofrecen moitas das televisións de frecuencia local. E todo isto e o que poidades imaxinar ven superado mil veces polo You Tube. As fronteiras entre o público e o privado están desdebuxadas. Estamos continuamente videovixiados. Todo é susceptible de ser filmado e de ser visto.
26.12.06
Máis de 80 mortos e 100000 desplazados en Sumatra, 500 mortos en Nixeria ...
|
Disfrutade das festas e cuidado co champán!!
23.12.06
O incrible mundo de Borjamari
Buahh!!! Qué mal huele el tipo que tengo al lado en el ciber!!! Tengo un mareo!!! He abierto mi correo y he recibido un vídeo de felicitación de Navidad pero vizto la higiene de la gente aquí pazo de ponerme loz cazcoz que igual pillo piojoz y ze me quedan incruztadoz en la gomina.
No oz puedo contar mucho últimamente porque recibo una zútil cenzura de miz compañeroz de blog, creo que el rollito liberal no lez va mucho y por ezo me marginan. En términoz de blog ze puede decir que zoy un reprezaliado político.
Por cierto, muchoz no zabréiz que me han concedido el Zéneca para eztudiar en Madrid. Claro, yo todo iluzionao de venirme a la capi y rezulta que la facul eztá en Getafe.
Yo he intentao que miz padrez me financiaran un alquiler en Madrid capital pero me dijeron que ni de coña, que era mi noveno año de eztudiante de A.D.E., que me conocían bien y que zi me pagazen un pizo en Madrid no iría a claze nunca. Dezde luego qué poca confianza tienen en mi!!! Por ezo mi menzaje para eztaz fieztaz ez el ziguiente: Que oz valoréiz vozotroz mizmoz.
No oz puedo contar mucho últimamente porque recibo una zútil cenzura de miz compañeroz de blog, creo que el rollito liberal no lez va mucho y por ezo me marginan. En términoz de blog ze puede decir que zoy un reprezaliado político.
Por cierto, muchoz no zabréiz que me han concedido el Zéneca para eztudiar en Madrid. Claro, yo todo iluzionao de venirme a la capi y rezulta que la facul eztá en Getafe.
Yo he intentao que miz padrez me financiaran un alquiler en Madrid capital pero me dijeron que ni de coña, que era mi noveno año de eztudiante de A.D.E., que me conocían bien y que zi me pagazen un pizo en Madrid no iría a claze nunca. Dezde luego qué poca confianza tienen en mi!!! Por ezo mi menzaje para eztaz fieztaz ez el ziguiente: Que oz valoréiz vozotroz mizmoz.
Ahhhh!!! Y zé que tengo fama de pijo por ahí, puez que zepan miz detractorez que ahora vivo en zitio proleta y que hoy me tiro baztantez horaz en buz para regrezar a la Coru. Para que veáiz que de niño de papá, poquito.
22.12.06
Conto de Nadal
Non tes éxito e iso non é boa cousa. Comes diante dunha mesa moi longa rodeado de anónimos seres queridos dos que non sabes nada e nada saben de ti. O éxito é unha cousa importante, unha persoa sen éxito convírtese nunha presenza molesta, incómoda, irritante. Todo o mundo sabe que nunca acadarás o éxito, todo o mundo agás ti que segues convencido que algún día chegarás a ser alguén. Un tipo importante que figure aínda que so sexa de xeito anecdótico nalgún libro de historia. Pero non tes éxito, por iso ninguén nin che manda unha postal, nin un mail, nin un sms. Por iso nin tan siquera lle interesas aos extraterrestes na súa búsqueda de vida intelixente, eles non van perder o tempo abducindo a un tipo mediocre que non destaca en nada. Así que o único que sinceiramente che felicita o Nadal é o centro comercial onde mercaches os agasallos. Da súa dirección recibes unha postal horrible na que che desexan Felices Festas.
20.12.06
Lugar de paso
O Nadal trouxonos o Zoco azul, un nome chagalliano que titulaba un blog do que era lector asiduo. E tamén co Nadal remata a súa andadura. Agardemos que morra para despois resucitar...
O blog Chasquidos muda de pel.
Aqueles que lles interese a escultura galega do século XX pode descargar gratuitamente un diccionario de autores do Consello da Cultura galega aquí.
O blog Chasquidos muda de pel.
Aqueles que lles interese a escultura galega do século XX pode descargar gratuitamente un diccionario de autores do Consello da Cultura galega aquí.
19.12.06
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Un home que vestía gorra vermella, plúmax varias tallas máis grandes, pantalón vaqueiro gastado e unhas zapatillas de deporte cuxa anchura contrastaba coa delgadez da súas perniñas ergueuse do seu asento do Cercanías e comezou a falar en alto. Unha música clásica romántica servía de fondo ao seu discurso que pretendía chamar a atención sen conseguilo dos seus compañeiros de vagón. Para resumilo direi que dunha forma elegante e cunha perfecta dicción o que viña pedir eran cartos. A maioría das persoas nin levantaron a cabeza do seu xornal gratuito ou do seu libro best seller, nin se molestaron en miralo cando pasou cabo deles, nin se quitaron os cascos para escoitar o que dicía. So unha persoa lle deu algo, era un xove con perilla, pano negro na cabeza e botas douradas.
Ao chegar á estación de Xetafe o xove baixou e quedouse saúdando os gardas de seguridade que facían de rei de picas na saída-entrada para que ninguén se colara. Deulles unha agarimosa aperta, eran os seus ex-compañeiros de traballo.
Un rumano alto e rubio pedíulle que o deixara pasar porque interrompía o paso. El amablemente se apartou pedindo perdón. O rumano subiu polas escadas mecánicas e botou a correr cara unha rubia que o agardaba. Ao chegar xunto ela obsequiáronse cun apaixoado bico de película clásica.
15.12.06
Comunicando... (Marga Román)
A necesidade innecesaria xa está creada: todos necesitamos mail. Aínda que non o utilicemos como ferramenta de traballo, aínda que apenas nos cheguen cousas interesantes a el, case non nos lembramos de que existía comunicación antes do mail. Polo de agora podemos atopar certos portais que ofrecen un servizo de mail gratuito de calidade pero probablemente no futuro para ter un mail que nos cubra todas as "necesidades innecesarias" que padezcamos nese intre teremos que pagar. Creo que a isto está a tender internet, estou case seguro que os anos derribarán o falso mito da democratización (as páxinas dos xornais tenderán a ser de pago por exemplo) porque a rede pode ser un medio que ofrece moitas posibilidades aos "independentes" pero sobre todo é un negocio que pode chegar a ser tamén un eficaz medio de control de empresas e estados.
14.12.06
Os dramas de María Xosé
Como hoxe cobrei e aproveitando a debilidade do dollar fronte ao euro estiven barallando a posibilidade de darme o capricho de pegarme un bo viaxe a Nova York. A idea duroume un minuto porque me din conta de que co meu soldo dun mes non pagaría nen a metade da viaxe. Ademáis, e sendo realista, necesito as pelas para seguir subsistindo, a ver se consigo pasar da subsistencia á existencia. Así que, en vez de irme a Nova York funme a Leganés a mercar algunhas cousiñas para a casa. Co bonito que debe estar Manhattan en Decembro!!!
11.12.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Formas, miradas, sonidos e videoxogos
I.-
Son consciente de que non se pode explicar unha obra de arte soamente polo seu contido formal. Como método de investigación resultaría sumamente impreciso pretender elaborar unha historia autónoma da arte, unha explicación interna do percorrido histórico-artístico. Nembargantes tampouco podemos obviar a importancia das formas. Tan mal está explicar a arte sen contexto e sen contido coma sen formas.
A forma é a plasmación da idea. Nunha arte coma a da segunda metade do século XX no que a idea ten tanta importancia, na que se avanza cara a desmaterialización do obxecto artístico semella que o estudo da forma non ten xa sentido.
Pero o ollo, como sempre fixo, segue reaccionando ante as formas. Segue a enviar estímulos ao cerebro para que reaccione ante o que estamos vendo. Non paramos de emitir xuízos estéticos, non sei se "interesados" ou "desinteresados", ante o que vemos.
II.-
Quero deconstruír o último parágrafe que remato de escribir. Certos estudiosos da arte veñen incidindo na importancia das artes visuais. É moi interesante o campo que abre a relación neurobioloxía-arte. A importancia do ollo na percepción da que xa era consciente Leonardo e que chega en termos de neurohistoria da arte ata Onians. Pero nesta importancia da percepción visual eu atopo dúas carencias:
A.- ¿Que hai de xenético e que hai de aprendido nesa percepción? Supoño que non podemos explicar a nosa reacción persoal ante unha obra de arte soamente a través da neurobioloxía.
B.- Ao falar de arte sempre pensamos en arte visuais. Certos artistas tentan rematar con esta tiranía do visual e enchen as galerías de sonidos, sabores e olores. Ideas que sempre estiveron aí (a música é unha arte sonora) pero que non parecían ter cabida no espazo museístico. A arte non soamente se verá, senón que tamén se escoitará, se olerá e ao mellor se tocará. Os avances multimedia permitirán unha maior participación do espectador, a pesar de que hai certa reticencia a chamar arte aquelo no que o espectador deixa de ser pasivo e pasa a ter un papel activo. Por iso pouca xente lles da a categoría de "arte" aos videoxogos a pesar de que son o que máis se asemellerá a un tipo de arte que será común no futuro: arte participativa da que cada un poderá disfrutar na súa casa.
9.12.06
Pepepaco ou un eremita en Internet
Odio o que pasa cada vez que que abro PERIFÉRICOS. De súpeto, con diurnidade e a traizón, abréseme unha pantalliña de anuncios. O peor disto non é que a xente que participa nesta páxina non reciba nada por esa publicidade (ou polo menos esa é a información que eu teño, igual Borjamari ou algún outro están amasando unha fortuna a costa dos demáis) senón que o peor é que aproveiten este blog para vender politonos de Bisbal e Paulina Rubio.
O outro día estaba na Biblioteca aproveitando a wi-fi da universidade para non ter que cotizar no locutorio. E o silenzo imperfecto do estudo rachouse cun estruendoso "Por eso que más da que la vida viene y va" ao que seguíu "Ni una sola palabra..." o que arrincou algunha risa furtiva e algún movemento de cadeiras irritadas. Non teño nin idea de como facer para que non salte esa publicidade, tampouco sei se é unha peaxe que nos impón Blogger por cedernos este espazo. Así que na miña man so está o de pedir disculpas polas molestias e animarvos a que non baixedes ningún politono de Paulina Rubio nen de David Bisbal. Non está mal o de ser hortera pero sempre hai certos límites.
8.12.06
Pepepaco ou un eremita en Galicia
"Nada me han enseñado los años, siempre caigo en los mismos errores" e sempre veño de vacacións cargado de libros, convencido de que vou traballar moito (iluso de min) pero logo a vida social, a televisión, a preguiza e o caldo da miña avoa impídenme facer nada. Menos mal que vai moi mal tempo senón tamén podería poñer como excusa o sol e as terrazas. Excusas, excusas, excusas...
7.12.06
Lugar de paso
20000 artigos e que continúe ...
Medra Cineuropa ... (Canto boto de menos aquelas tardes-noites de cinema!!!)
|
Reflexións do Mendinho sobre as inundacións ...
Medra Cineuropa ... (Canto boto de menos aquelas tardes-noites de cinema!!!)
6.12.06
Os dramas de María Xosé
Quedei soíña na casa. O meu mozo, o "eterno estudante", aproveitou estes festivos para ir a casa e eu quedei aquí na diáspora urbán. Pódese dicir que son unha "Rodríguez", unha inversión do rol tradicional masculino-feminino.
Aproveitei todo este día para facer un traballo para o máster e para ver unha peli de Julia Roberts que botaban na tele. Dentro dun pouco voume arreglar para ir coas amigas do traballo a tomar algo (unha tamén ten que ter algo de vida social) pero voltarei pronto porque mañá toca traballar todo o día de novo. ¡Ai...! ¡Canto boto de menos a vida de estudante!.
5.12.06
Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco
I.-
Regreso a Galicia cos biorritmos en bo funcionamento e sen notar o jet lag da hora de desfase. Se a proposta de Quintana vai adiante en Galicia sería unha hora menos, igual que en Portugal e en Canarias. Dende as radios estatais daquela dirán: "Son las dos, una hora menos en Canarias y Galicia". E os investigadores do feito diferencial sentenciarán: "Non ves, pero se non temos nin tan sequera a mesma hora".
II.-Escoito a Quintana "o pragmático" no programa "Hoy por hoy" da cadea SER. Fala de que o novo estatuto galego ten que ter os mínimos do catalán, pero non por ideoloxía senón porque hai que ser prácticos (cito de memoria e non textual, de todo-los xeitos hoxe se podía escoitar a entrevista completa aquí). O estatuto galego tense que mirar no catalán non para profundizar na identidade nacional senón porque non convén perder os presuntos beneficios que lle dará a Galicia coller o tren das "nacións".
III.-
III.-
Finalmente a ideoloxía morreu (Marx tiña razón) neste triunfo final do capitalismo " fase cultural" (Marx trabucouse).
4.12.06
Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco
Seguindo co art. 1 do Neoestatuto
|
Art. 1 "Galicia é unha nación escarallada que ocupa o lugar de zona catastrófica no imaxinario colectivo estatal. Concepción coa que o galego mantén unha relación simbiótica."
3.12.06
Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común
Momentos Guggenheim
Unha arquitectura non pode cambiar unha cidade pero si que pode cambiar a visión que se ten desa cidade. Quizáis o caso máis significativo disto sexa o Museo Guggenheim de Bilbao. Unha das cousas que puxo en evidencia o Guggenheim é que apostar por unha arquitectura innovadora pode ser moi rentable.
Unha arquitectura non pode cambiar unha cidade pero si que pode cambiar a visión que se ten desa cidade. Quizáis o caso máis significativo disto sexa o Museo Guggenheim de Bilbao. Unha das cousas que puxo en evidencia o Guggenheim é que apostar por unha arquitectura innovadora pode ser moi rentable.
Por esa liña van moitos dos proxectos da mostra On site. Construccións espectaculares que pretender modernizar a visión da cidade en que se constrúen e de paso atraer turistas. Istos "momentos Guggenheim" non está mal pero sería moito máis interesante centrar o interese en repensar urbanísticamente as cidades e non en facer illadas intervencións excepcionais. É dicir, ter o propósito de facer unhas cidades máis atractivas e confortables para turista e cidadán. E nisto a iniciativa privada, e non so a administración, debería ter moito que dicir, aínda que semella que non está moito pola labor.
2.12.06
Artigo de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A arquitectura española on Site
A construcción segue a tirar da economía española. Dicen que baixaron os pisos, pero o ceo das cidades segue cheo de grúas e a famosa "burbulla inmobiliaria" non estoupa. O envés do "boom" da construcción coñecémolo todos: "Marbellización", corrupción, devastación do patrimonio histórico-natural. Nembargantes a idea que hai da arquitectura e os arquitectos españois non é esta. Fálase dunha "idade dourada" da arquitectura en España (proxectos arriscados dos mellores arquitectos internacionais, edificios imaxinados con gran mestría polos clásicos contemporáneos españois desta arte e unha nova xeira de talentos que garantizaría a continuidade desta idade dourada). Estas son as ideas sobre as que traballa a exposición On Site, imaxinada no MoMa de Nova York e que actualmente está en Madrid no Xardín Botánico.
1.12.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común
Nunha pequena rúa paralela ao Thyssen un pode atopar ao carón dunha galería de arte este "grafiti" que anima aos grafiteiros a "grafitear". Sera por iso polo que nesa parede á única pintada que había era esta.
