31.8.06

Pepepaco ou un eremita en Cork

Entre o pintoresco e o sublime (I)


Hoxe en día en Irlanda hai "plenty of money" (como me dixo un taxista "indíxena", moi simpático pero que me meteu un "clavada" de nove euros e medio por levarme menos de dez minutos no taxi). Con eses cartos están refacendo o país (mellorando as comunicacións que por estrada non son moi boas) e ese precisamente é o reto que ten Irlanda, seguir compatibilizando ese crecemento económico co seu maior activo: a natureza.


Porque Irlanda é un pouco como Galicia ou Galicia un pouco coma Irlanda. O caso é que cando eu estiven en Irlanda sentíame un pouco como na casa, vendo paisaxes que nunca vira pero que me soaban de algo. As frisonas pastaban nos campos fotografadas polos turistas españois (non me imaxino chegando a casa é dicindo: "Mira avoa está é un vaca irlandesa, parecen igual que as daquí pero teñen diferente acento"). As ovellas (algunhas co morro negro) andaban ceibes e tiñan unha marca de cor (imaxino que para identificar ao seu propietario). Un pouco como aquí pero diferente, algo máis arcádico, como un deses fondos ideais que imaxinaban os pintores tardorenacentistas italianos.

O certo é que esta anotación tamén se podería chamar "ética e estética" (o que pasa é que non lle quero facer a competencia a Isaac Marcel, ese gran damnificado polo ciclón Borjamari) porque da gusto ver prados verdes (case fosfóritos) sobre os que se ergue unha colina ao pe dun lago no que hai un paisano pescando tranquilamente, ou nos que non hai ninguén. Ou parar nun val ao carón dunha pequena ponte de pedra onde mires cara onde mires non ves ningunha casa, ningunha persoa, ningún animal e todo esta perfectamente coidado.

Un pode tirar conclusións e dicir: así se comprende a pintura paisaxista inglesa. ¡¡Cuidadiño, cuidadiño, que os irlandeses non son ingleses!!. Aínda que vexan o Big Brother en Channel 4, falen inglés e non gaélico e se paseen con camisetas do Liverpool. Eles teñen a Guiness e os británicos non.

To be continued...




|

30.8.06



Pepepaco ou un eremita en Cork


Cando cheguei a Cork estaba convencido de que ía a ser un "traveller" pero ao final quedeime nun "tourist", un "tourist" con aspiracións pero un turista ao fin e ao cabo. O certo é que trouxen a maleta facturada por Ryanair chea de historias pero supoño que "as incertidumes do que virá" paralízanme e fanme pasar esta minicrise creativa blogueira. Despois de moitos intentos (cousas dese inframundo que son algúns cibers) conseguín subir esta foto tomada nun gran almacén do centro de Cork no que Concha Piquer se vendía entre os saldos a 3,99 (xusto por riba de Pavarotti).


Mail

|

28.8.06

E a pesar do cobre Galica seguía sendo verde...

Pepepaco ou un eremita en Cork
Estiven en sitios nos que aínda que berrase con todas as forzas ninguén me oiría
(soamente ela).



Contacta

|

27.8.06

Son as seis da manha en Dublin (unha hora menos nas Azores)

Itinerario PERIFERICO (en proceso): Cork-Dublin-Porto-Povoa-Santiago-Minho

Que se me vai o avion!!!

|

11.8.06

Arde Galicia, lume forestal... ou a decadencia moral dun pobo que vende a súa alma por unha ración de raxo. O monte queimándose e os xornais abrindo debates de tanto calado intelectual como : "¿Cree que se deben suspender las fiestas populares ante la catástrofe ecológica que sufre Galicia? A escasos días de uno de los períodos más festeiros del verano gallego, el puente de Santa María, Galicia sigue inmersa en la lucha contra la plaga de incendios que asolan la comunidad. Ante la dimensión de la tragedia ecológica, ¿cree usted oportuno mantener la celebración de verbenas, romerías y demás citas festivas?" ¿E a culpa agora de quen é? ¿Do governo do PP? Mexamos por riba de nós e pensamos que nos mexan os demáis.

Mail

|

2.8.06

Boy of Galicia are looking for Irish relatives of Breogan to construct a nation.

Mail

|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License