<$BlogRSDURL$>

19.12.06

Pepepaco ou un eremita en Xetafe 

Un home que vestía gorra vermella, plúmax varias tallas máis grandes, pantalón vaqueiro gastado e unhas zapatillas de deporte cuxa anchura contrastaba coa delgadez da súas perniñas ergueuse do seu asento do Cercanías e comezou a falar en alto. Unha música clásica romántica servía de fondo ao seu discurso que pretendía chamar a atención sen conseguilo dos seus compañeiros de vagón. Para resumilo direi que dunha forma elegante e cunha perfecta dicción o que viña pedir eran cartos. A maioría das persoas nin levantaron a cabeza do seu xornal gratuito ou do seu libro best seller, nin se molestaron en miralo cando pasou cabo deles, nin se quitaron os cascos para escoitar o que dicía. So unha persoa lle deu algo, era un xove con perilla, pano negro na cabeza e botas douradas.

Ao chegar á estación de Xetafe o xove baixou e quedouse saúdando os gardas de seguridade que facían de rei de picas na saída-entrada para que ninguén se colara. Deulles unha agarimosa aperta, eran os seus ex-compañeiros de traballo.

Un rumano alto e rubio pedíulle que o deixara pasar porque interrompía o paso. El amablemente se apartou pedindo perdón. O rumano subiu polas escadas mecánicas e botou a correr cara unha rubia que o agardaba. Ao chegar xunto ela obsequiáronse cun apaixoado bico de película clásica.
Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License