9.12.06
Pepepaco ou un eremita en Internet
Odio o que pasa cada vez que que abro PERIFÉRICOS. De súpeto, con diurnidade e a traizón, abréseme unha pantalliña de anuncios. O peor disto non é que a xente que participa nesta páxina non reciba nada por esa publicidade (ou polo menos esa é a información que eu teño, igual Borjamari ou algún outro están amasando unha fortuna a costa dos demáis) senón que o peor é que aproveiten este blog para vender politonos de Bisbal e Paulina Rubio.
O outro día estaba na Biblioteca aproveitando a wi-fi da universidade para non ter que cotizar no locutorio. E o silenzo imperfecto do estudo rachouse cun estruendoso "Por eso que más da que la vida viene y va" ao que seguíu "Ni una sola palabra..." o que arrincou algunha risa furtiva e algún movemento de cadeiras irritadas. Non teño nin idea de como facer para que non salte esa publicidade, tampouco sei se é unha peaxe que nos impón Blogger por cedernos este espazo. Así que na miña man so está o de pedir disculpas polas molestias e animarvos a que non baixedes ningún politono de Paulina Rubio nen de David Bisbal. Non está mal o de ser hortera pero sempre hai certos límites.
Comments:
Publicar un comentario