<$BlogRSDURL$>

5.12.06

Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco 

I.-
Regreso a Galicia cos biorritmos en bo funcionamento e sen notar o jet lag da hora de desfase. Se a proposta de Quintana vai adiante en Galicia sería unha hora menos, igual que en Portugal e en Canarias. Dende as radios estatais daquela dirán: "Son las dos, una hora menos en Canarias y Galicia". E os investigadores do feito diferencial sentenciarán: "Non ves, pero se non temos nin tan sequera a mesma hora".
II.-
Escoito a Quintana "o pragmático" no programa "Hoy por hoy" da cadea SER. Fala de que o novo estatuto galego ten que ter os mínimos do catalán, pero non por ideoloxía senón porque hai que ser prácticos (cito de memoria e non textual, de todo-los xeitos hoxe se podía escoitar a entrevista completa aquí). O estatuto galego tense que mirar no catalán non para profundizar na identidade nacional senón porque non convén perder os presuntos beneficios que lle dará a Galicia coller o tren das "nacións".
III.-
Finalmente a ideoloxía morreu (Marx tiña razón) neste triunfo final do capitalismo " fase cultural" (Marx trabucouse).

Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License