22.12.06
Conto de Nadal
Non tes éxito e iso non é boa cousa. Comes diante dunha mesa moi longa rodeado de anónimos seres queridos dos que non sabes nada e nada saben de ti. O éxito é unha cousa importante, unha persoa sen éxito convírtese nunha presenza molesta, incómoda, irritante. Todo o mundo sabe que nunca acadarás o éxito, todo o mundo agás ti que segues convencido que algún día chegarás a ser alguén. Un tipo importante que figure aínda que so sexa de xeito anecdótico nalgún libro de historia. Pero non tes éxito, por iso ninguén nin che manda unha postal, nin un mail, nin un sms. Por iso nin tan siquera lle interesas aos extraterrestes na súa búsqueda de vida intelixente, eles non van perder o tempo abducindo a un tipo mediocre que non destaca en nada. Así que o único que sinceiramente che felicita o Nadal é o centro comercial onde mercaches os agasallos. Da súa dirección recibes unha postal horrible na que che desexan Felices Festas.
Comments:
Publicar un comentario