15.12.06
Comunicando... (Marga Román)
A necesidade innecesaria xa está creada: todos necesitamos mail. Aínda que non o utilicemos como ferramenta de traballo, aínda que apenas nos cheguen cousas interesantes a el, case non nos lembramos de que existía comunicación antes do mail. Polo de agora podemos atopar certos portais que ofrecen un servizo de mail gratuito de calidade pero probablemente no futuro para ter un mail que nos cubra todas as "necesidades innecesarias" que padezcamos nese intre teremos que pagar. Creo que a isto está a tender internet, estou case seguro que os anos derribarán o falso mito da democratización (as páxinas dos xornais tenderán a ser de pago por exemplo) porque a rede pode ser un medio que ofrece moitas posibilidades aos "independentes" pero sobre todo é un negocio que pode chegar a ser tamén un eficaz medio de control de empresas e estados.
Comments:
Publicar un comentario