<$BlogRSDURL$>

13.9.06

Pepepaco ou un eremita en Xetafe


Escribo esto na rúa Madrid de Xetafe. A rúa está ateigada de xente que vai e vén, non sei cara onde van nin de onde veñen, creo que pasean polo pracer de pasear, por ser vistos e por atopar a algún coñecido, como se facía antes aorredor das prazas maiores ou os domingos na rúa principal da vila.
---------------------------------------------------------------------------------------------
Pla dicía que cando estaba en Madrid escribía porque nunca había nada que facer. Supoño que hoxe a min pásame o mesmo.
------------------------------------------------------------------------------------------------

A viaxe a Madrid foi terrorífica, nove horas en bus con todo o cansanzo acumulado pola tensión dos exames é demasiado.
-----------------------------------------------------------------------------------------------
A iso das oito chego a Xetafe vía Cercanías. Fago tempo na cafeta da estación tomando un zume de melocotón e pregúntolle a dous nacionais o camiño á Carlos III, parace ser que queda preto así que vou andando.
------------------------------------------------------------------------------------------------
Tras moito buscar polo Campus atopo o edificio "Ortega y Gasset" (Hai que dicir que nestes detalles a Carlos III ten un toque retro-masón-ilustrado que me mola bastante).
------------------------------------------------------------------------------------------------

Fago cola e como sempre xorden problemas cos trámites (son unha auténtica teupa nesto dos cuestións administrativas)
------------------------------------------------------------------------------------------------

Non é fácil atopar en Xetafe un hotel (penso que hai máis prazas hoteleiras no centro de Vilalba que en Xetafe centro). Probo nun con boa pinta pero xa está cheo. Tras moito andar, buscar e preguntar atopo o Hostal Colón onde pillo unha individual ao prezo de corenta euros (un día é un día). A habitación non é moi alá pero...
-----------------------------------------------------------------------------------------------

Mentras estou escribindo isto achegáseme "El Canario" persoaxe literario que tamén visita Santiago ofrecendo os seus mini-libros á xente. Pregúntame se estou escribindo unha novela ou un guión cinematográfico. Contéstolle que ningunha das dúas cousas. "Pues yo estaba convencido que era un guión cinematográfico". Sorrío. Dime que que tal ando de fondos para colaborar coa súa causa literaria. Dígolle que mal (cousa absolutamente certa). "Eres gallego, aún estuve yo en Santiago hace poco". Agasállame co seu minilibro Pepinete el de los mofletes y la niña del patinete e agarimosamente dame a man dicindo "Bienvenido".
-----------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe é deses días nos que ela diría que teño cara de triste. E si que estou un pouco triste....
-----------------------------------------------------------------------------


Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License