<$BlogRSDURL$>

27.9.06

Parece que Feijoo ándalle facendo as beiras a Quin. Touriño pasa bastante de Feijoo e Quin, sempre co seu cartaz itiniterante de vicepresidencia, deixase querer. O PP xa non sataniza ao Bloque porque tras o furacán tropical Fraga non lle deben saír as contas da maioría absoluta nas seguintes e a política é unha cuestión de pactos. Non creo que o Bloque chegue a pactar, polo menos nas próximas, co PP. Extraños compañeiros de cama fai e fixo a política pero polo de agora os pepeiros e os bloqueiros seguen pertencendo a diferentes especies. A Quin a cousa non lle ven mal, de líder extremista e radical (como escoitei eu un día nunha emisora plurinacional, non direi o nome porque todos sabedes cal é) aparece agora como alguen máis dialogante e con máis talante que o propio EPT. E todos sabemos o importante que é o diálogo nesta nova España, "esta España mía, esta España nuestra" pero "señorías" non esquezamos o importante que tamén é a praxe, porque senón todo o falado se queda (citando ao clásico) en verbas, verbas, verbas...

Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License