28.9.06
Máis ou menos todo o que penso de Alatriste xa o dixo memoria de bolboreta no seu blogue. A peli é unha especie de trailer de dúas horas e pico no que se presentan diferentes historias e situacións pero na que non se profundiza en ningunha. O tratamento da luz é realmente impresionante, a posta en escea correcta e a presenza de Viggo Mortensen diante da cámara imponente (sen embargo, como se di en memorias de bolboreta, el é Alatriste pero a súa voz non). As historias do filme máis darían para unha serie que para unha soa peli, e aí está o gran erro, no guión, en querer abarcar toda a historia e moitas das aventuras do capitán Alatriste sen contar coa capacidade de síntese e selección necesaria.