<$BlogRSDURL$>

16.9.06

Ardor revolucionario

Era unha revolución intelectual, artística e subvencionada de pinchos gratis, roupa made in China e güisquis con Coca-Cola. Unha revolución sen revolucionarios desas que non cambiarán o mundo pero que polo menos dan para unha boa discusión na que cae algún vaso que outro ou na que a cervexa se derrama nun pantalón alleo. ¡Disculpe señorita pero foi o ímpetu revolucionario! Danos colaterais do ardor insurrecto. ¡Que continúe a noite! ¡Rapaz, sírveme outra copa que de aquí ou sae unha revolución ou un bo poema!

Mail

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License