27.2.06
Good bye Fraga
Nun primeiro intre atópase cun panorama que lle causa un fondo pesar (Zapatero de presidente estatal, Touriño de presidente autonómico e o peor ¡Fraga fóra de Galicia!, de senador en Madrid). Pero afortunadamente co regreso á vida cotiá Isolina observa como todo segue igual. Seguenna carretando amablemente para ir votar cando hai eleccións, ademáis no concello governanlle os "seus" e o mellor de todo, Baltar segue sendo presidente da Deputación. Todo segue igual agás que lle quitaron o Supermartes, unha mágoa.
|
Isolina de oitenta anos, veciña de Cartelle (provincia de Ourense) e simpatizante de toda a vida do Partido Popular (bueno de toda a vida, de toda a vida, digamos que dende a democracia que antes non existía Alianza Popular, ademáis tampouco se sentía mal co réxime político anterior) esperta milagrosamente do coma despois de estar inconsciente durante catro anos.
Nun primeiro intre atópase cun panorama que lle causa un fondo pesar (Zapatero de presidente estatal, Touriño de presidente autonómico e o peor ¡Fraga fóra de Galicia!, de senador en Madrid). Pero afortunadamente co regreso á vida cotiá Isolina observa como todo segue igual. Seguenna carretando amablemente para ir votar cando hai eleccións, ademáis no concello governanlle os "seus" e o mellor de todo, Baltar segue sendo presidente da Deputación. Todo segue igual agás que lle quitaron o Supermartes, unha mágoa.
Comments:
Publicar un comentario