26.2.06
Eche cousa seria (EDITORIAL)
A morte tiña un prezo: unha morea de votos.
Neste governo participaba Mariano Rajoy (actual líder da oposición) que hoxe clama ao ceo porque "supón" que o actual governo socialista está a dialogar con ETA, organización á que o actual presidente, José Luis Rodríguez Zapatero, que eu saiba, nunca definiu co eufemismo de "movimiento de liberación vasco".
Pero o peor non é a actitude hipócrita e irresponsable, ademáis do pouco sentido de estado que está demostrando Mariano Rajoy. O peor, non e iso, non, o máis lamentable é a triste instrumentalización política da dor real das víctimas do terrorismo, dor construída sobre mortes inocentes.
|

Houbo un tempo, cando o PP governaba España, no que o presidente do governo (daquela José María Aznar) referíase a ETA como "movemiento de liberación vasco" e no que xente importante do partido (coma Fluxá ou Zarzalejos - o irmán do actual director do diario ABC-) se reuniron con líderes etarras, na mesma mesa, diante deles, para buscar unha saída consensúada ao situación do País Basco (en galego penso que é con "b").
Neste governo participaba Mariano Rajoy (actual líder da oposición) que hoxe clama ao ceo porque "supón" que o actual governo socialista está a dialogar con ETA, organización á que o actual presidente, José Luis Rodríguez Zapatero, que eu saiba, nunca definiu co eufemismo de "movimiento de liberación vasco".
Pero o peor non é a actitude hipócrita e irresponsable, ademáis do pouco sentido de estado que está demostrando Mariano Rajoy. O peor, non e iso, non, o máis lamentable é a triste instrumentalización política da dor real das víctimas do terrorismo, dor construída sobre mortes inocentes.
Comments:
Publicar un comentario