<$BlogRSDURL$>

28.2.06

De casualidade atopeime con lembranzas clasificadas nunha carpeta chea de po (en plan película de sobremesa de Antena 3). Entre as cousas que tiña gardadas na carpeta está esta curiosa carta ao director publicada o dez de novembro do dos mil un en El Correo Gallego en plena efervescencia da loita-esmorga pseudorrevolucionaria anti-LOU:

Magosto libertario

O manchego Anselmo Covirán no seu libro Trazos plurales de una España singular di que: "Al gallego se le gana o se le pierde por el estómago. No hay nada peor que invitar a un gallego a un banquete que no cumpla sus espectativas, ¡cuantitavemente hablando, claro!". Sen chegar a eses extremos, hai algo de certo nestas frases.

O outro día celebrouse un magosto libertario, na Facultade de Xeografía e Historia. Algúns fomos alí simplemente a beber viño e comer castañas. Pero, cando chegamos, con británica puntualidade como require un acto así, xa non había castañas, quizá nunca as houbese, e para 250 persoas só había tres caixas de viño.

Foi decepcionante para a xente que foi sen propósito de reinvidicación pero co propósito de pasalo ben. Sen castañas e sen viño quedounos só o refuxo dunha gaita despistada e o tocar de pandeireteas ao enxebre ritmo de
"Apaga o candil", igualiño que no "Luar".
Uxío Masuco Mandante
Santiago

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License