<$BlogRSDURL$>

20.2.06

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel.
A propósito da obra de Suso Fandiño na Chocolateria -Santiago de Compostela- (Derradeira anotación).


Interesante obra pero...

1.- O artista adopta unha actitude típica da posmodernidade que é a de amosar os problemas pero non dar solucións. A postura de "francotirador" da arte resulta moi cómoda nestes tempos de incertidume: critico, ironizo, destrúo e amoso as contradiccións pero non constrúo, non intento levar a arte cara novos camiños. É unha postura case "parternalista" ("ves neno esto está mal") que se queda na superficie e non investiga no que sería verdaderamente interesante: a construcción dunha nova linguaxe artística.

2.- Este modelo de arte que fai unha necesaria "labor desinfectante" non é novo. É certo que non hai que caer na innovación como cliché, nen na innovación fácil (moitas veces ligada á provocación) pero si que durante a historia a arte dixo cousas diferentes nas distintas épocas. A lucidez desta obra sería deslumbrante nos anos sesenta pero hoxe soa a algo xa mil veces repetido.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License