19.2.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A propósito da obra de Suso Fandiño na Chocolateria -Santiago de Compostela- (Terceira anotación).
O apocalíptico rancio sentenciará: "Iso que carallo vai ser arte, iso son caixas".
E o integrado voydeguay se repitirá a si mesmo: "Isto é arte, isto ten que ser arte, isto seguro que é arte". Razonando do seguinte xeito "Porque se está nunha galería, nun museo, nun centro de arte ou nun espazo artístico ten que ser arte". É dicir, que o que é arte xa non dependería da vontade do artista senón do arbitrio do galerista. É dicir, o galerista autodenomina o espazo que posee coma artístico e polo tanto todo o que se expoña nel é arte.
Ben, o certo é que a cuestión do que é arte e do que non é arte sorprendententemente non está de moda. Moitos teoricos da arte, ante a incapacidade de dar unha resposta clara e concisa preferiron dar un salto para diante evitando esta inevitable cuestión básica para a arte contemporánea.
O concepto do que é arte ou do que non é arte é un concepto que troca co paso do tempo, non hai unha explicación perenne, intemporal que sirva para diferenciar o que é arte ou o que non é arte. Imaxino que para moitos críticos da época o que facían os pintores impresionistas era todo menos arte e hoxe ninguén dubida de que esas pinturas son arte.
O verdadeiro temor do crítico artístico é aparecer coma un "rancio". O medo máis grande do crítico de arte é pasar a historia como alguén que non entendeu a arte do seu tempo, pecado capital nos tempos que corren. Por iso a solución máis fácil é a do integrado: "Todo é arte, e punto".
Voltando a exposición de Fandiño, haberá que respostar á pregunta de onte ¿Estas caixas son arte?.
Ben, chegado a este punto, recorremos como case sempre á descontextualización do obxecto artístico, que serve para converter a case todo en arte. Mellor ca iso poderíamos falar, case en termos relixiosos, a pesar de que vimos que Fandiño criticaba a concepción da arte coma relixión, da "transfiguración do obxecto artístico". É dicir, a arte sen aparencia de arte. As caixas de Fandiño son arte (aínda que non semellen ser arte) non pola vontade mística do artista, non poque esteñan expostas nun "espazo artístico", senón porque agochan tras de si unha coherente reflexión artística.
Si amigos, chegamos inevitablemente aos dominios da arte conceptual pero neste caso sen desmaterialización do obxecto. A dictadura conceputal da arte contemporánea, que non por ser case unha "tiranía" (menosprezando a forma) deixa de ser arte.
Comments:
Publicar un comentario