18.2.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A propósito da obra de Suso Fandiño na Chocolateria -Santiago de Compostela- (Segunda anotación).
Escribía o día anterior a ese non-espazo temporal que foi o estudio e realización destes últimos exames que a obra que Fandiño pensou para a Chocolatería parecíame interesante. Entendo que un se pode preguntar ¿Como pode resultar interesante artísticamente falando un montón de caixas de cartón iguais que levan inscrito "Esta caixa non contén traballo artístico de ningunha clase" en inglés?.
Pois quizáis o que faga interesante esta obra é que Fandiño adopta unha postura crítica ante a arte concebida como relixión, ante o concepto do obxecto artístico como reliquía e ante os artistas-místicos do tipo Joseph Beuys que convirten en arte calquera obxecto nacido da súa propia vontade .
Por iso estas caixas "sacrílegamente" pódense levar, rachar ou transformar, xa non son un obxecto de culto ao que adorar. Deixan de ser obxectos únicos e irrepetibles, caendo así a aura da arte e do artista e o obxecto exposto agora é o producto dunha realización uniforme en serie do que o asistente a exposición se pode apropiar. O asistente a exposición adquire así un papel protagonista, tanto que se a todo o mundo que visita a exposición se lle ocorrese coller unha caixa e leva-la para casa (como fixen eu) remataría a exposición.
Tamén é interesante a inscripción: "Esta caixa non contén traballo artístico de ningunha clase". Lóxicamente as caixas non conteñen ningún obxecto artístico porque están baleiras. Pero a cuestión é ¿Son estas caixas obxectos artísticos?.
Comments:
Publicar un comentario