7.2.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A propósito da obra de Suso Fandiño na Chocolateria -Santiago de Compostela- (Primeira anotación)
Disfruto moito lendo a COMPOSTELA cando se pon a escribir de arte contemporánea. Onte tocoulle as exposicións que hai actualmente na espazo artístico "A Chocolatería" (Santiago de Compostela).

A min interesoume moito esta obra de Fandiño (mañá direi porqué). Caixas apiladas que levan inscrito "Esta caixa non contén obra artística de ninguna clase", pero en inglés (que non sei porque o puxo en inglés tratándose dunha exposición que van ir ver maioritariamente galegos). Caixas coas que un pode facer o que queira: pintalas, cambialas de lugar, rompelas, collelas e levalas (eu teño unha na casa).
Para orientarme perante esta obra eu tamén busquei información no "texto expliacativo de sala" e non entendín nada. Isto soe pasar moito na arte contemporánea. Cando un non ten nada que dicir sobre a obra, ou, aínda peor, cando un non entende a obra, pero ten que falar dela, escúdase en retorcidos termos e citas conspicúas que agochan moitas veces unha falsa erudición. Canto máis leo de arte máis penso que aos grandes da historia da arte ben que se lles entende.
Non sei se é certo pero unha rapaza comentoume que lle escoitara a un crítico de arte que para ser crítico o que había que facer era ler os que os demáis len e escribir os que os demáis queren ler (este crítico polo menos lía sobre arte, outros nin teñen tempo a iso).
Comments:
Publicar un comentario