<$BlogRSDURL$>

2.1.06

Pepepaco ou un eremita en Compostela

Selección galega (IV)

Estes eran os once elexidos para representar de inicio a Galicia: Diego López, Otero, Capi, Rubén, Cabrejo, Borja, Cabanas, Julio Álvarez, C. Álvarez, Losada e Nano.

E este era o equipo uruguaio que saía de partida: Carini, Godín, Valdés, Omar Pouso, Pablo Lima, Gustavo Varela, Adrián Sarkissian, Sergio Blanco, Gonzalo Vargas, Maximiliano Pereira y Gonzalo Castro.

O certo é que eu, cun nivel medio de interese e coñecementos no mundo do fútbol, apenas coñecía aos xogadores da selección galega (espero que se me perdoe a miña falta de "patriotismo balompédico") pero o peor é que penso que non era unha excepción e que a maioría do público compartía conmigo esta ignorancia á que a megafonía (máis interesada en animar que en informar) pouco axudou a solventar.

Para min salvábanse do anonimato do once inicial so tres xogadores:

Otero. Capitán da selección galega, internacional por España e ex-lateral dereito do Celta -entre outros equipos-. Este ía ser o seu adeus aos campos.

Rubén. Central que milita no filial do Madrid e que incluso chegou a disputar algún partido co equipo de primeira, iso si, con bastante pouca fortuna.

Nano. Mediocampista que pasou de ser xove promesa do Barcelona a xogador suplente do Atlético de Madrid. Actualmente milita no Xetafe (equipo de primeira división).

Ademáis soábame o "Chino" Losada (dianteiro do Valladolid) e Diego López (porteiro do Madrid B). Do resto teño que admitir que nunca escoitara falar.

No once inicial de Uruguai (que viñera sin as súas principais estrelas) non identificaba absolutamente a ningún xogador. Aínda que algúns ben podían ser polos seus apelidos (coma Pouso, Varela, Pereira ou Castro) confundidos con xogadores galegos.


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License