1.1.06

Pepepaco ou un eremita en Compostela

Selección galega (III)

Soaron os himnos das dúas seleccións. Primeiro o de Uruguai e logo o de Galicia. San Lázaro enteiro entonou "¿Qué din os rumosos?". Unha preciosa melodía (complicada de cantar) da que o meu profesor de música da facultade dicía que era o único himno que coñecía que ía entre interrogacións (¿elementos do feito diferencial?).

Imaxino que non todos chegan a comprender a letra feita polo "bizarro" poeta Eduardo Pondal en "Queixumes dos pinos" (que hoxe tería que chamarse "Queixumes dos eucalíptos") e quédanse simplemente co de "imbéciles e escuros" "esperta do teu sono" e o de "fogar de Breogán".

En fin, intre emocional, de peito enchido, o de escoitar ao estadio enteiro cantando o himno (con máis ou menos fortuna) e levantando un simulacro de mosaico que pretendía ser unha sucesión de bandeiras galegas (continúo a ser un paleto sentimental a pesar do novo ano).

|
Comments: Publicar un comentario en la entrada

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License