<$BlogRSDURL$>

4.1.06

Pepepaco ou un eremita en Compostela

Selección galega (VI)

No deportivo o partido non foi gran cousa, a pesar de que a maioría da xente que o viu pola tele coincidía en comentar a gran intensidade do encontro. É certo que a disputa comezou con intensidade, sobre todo pola banda dereita de Otero, co apoio dos dous Álvarez e as gañas do Chino Losada. Pero xa dende mediados da primeira parte o ritmo decaeu e ao final da segunda fíxose absolutamente soporífero.

O primero gol marcouno Nano na primeira parte. O segundo e o terceiro foron obra dun Deus que saiu na segunda parte e se ben non parece estar nun gran momento de forma física si que demostrou ter un gran olfato goleador.

Galicia púñase así cunha ventaxa de tres a cero. Ventaxa que viría recortada polos dous goles que marcou Uruguai ao final da segunda metade, aproveitando que o combinado galego amosaba unha absoluta falla de concentración e fondo físico.

Os momentos de explosión sentimental colectiva foron: a saída da selección galega ao campo, o himno galego, o primeiro gol, o troco de Otero por Michel Salgado e os dous goles de Deus.

Fran, xogador retirado do Depor, non puido disputar o partido por culpa dunha lesión (o público lembrouse del e berrou FRANCISCO, FRANCISCO) e o mesmo lle pasou a Borja Oubiña, xogador do Celta.

Os xogadores da selección uruguaia saíron sobre as cinco da mañá do Hotel Araguaney para coller o avión. Zigzagueaban coas súas maletas por Montero Ríos para subirse ao bus que os levaría ao aeroporto. Esquivando con cortesía e sorrisos aos seres pacificamente etílicos que poblaban a noite santiaguesa. Unha rapaza que levaba unha chea bastante considerable razonaba con algún deles amenanzándoos amigablemente de que si voltaban "La próxima vez cinco a cero". Eu penso que co 3-2 podemos estar ledos dabondo. Non foi mal debut.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License