3.1.06
Pepaco ou un eremita en Compostela
Selección galega (V)
O que demostraba todo isto é que a maioría da xente non estaba aí para ver o espectáculo deportivo, senón que o partido era unha romaría política. Unha festa deportiva na que se celebraba, dependendo do espectador, unha reafirmación autónomica ou unha reinvidicación nacional.
Selección galega (V)
O que demostraba todo isto é que a maioría da xente non estaba aí para ver o espectáculo deportivo, senón que o partido era unha romaría política. Unha festa deportiva na que se celebraba, dependendo do espectador, unha reafirmación autónomica ou unha reinvidicación nacional.
O PP ten o Monte do Faro e o bipartito tivo este patido (á marxe dos militantes do PP que asistiron). Política foi que nas pantallas de San Lázaro aparecese a arenga que o presidente da Xunta e a conselleira de Cultura lles deron nos vestiarios aos membros do combinado albiceleste. Política foi que a xente trouxese de casa as súas bandeiras galegas (tanta a nacionalista da estrela, como a de Castelao da serea, como a "oficial" do escudo, como a "neutra" sen estrela, nen serea, nen escudo, son diferentes formas de expresion ideolóxica). Política foi que o público berrase maioritariamente Galiza e non Galicia. Política foi que eu fose ao partido. E política foi que despois do encontro a Conselleira de Cultura e Deporte declarase que se estaba preparando un partido GALEUSCA -que enfrontaría a Galicia, País Basco e Cataluña.
"Todo es política" dixo o xogador da selección catalana Guardiola e non lle faltaba razón. Especial atención merece neste encontro o papel do megafonía. O encargado de animar ao público a través dos altofalantes pasou de berrar "Galicia" e "un país unha selección" a berrar "Galiza" e "unha nación, unha selección". O clímax de politización foi cando comezou a cantar "Caña, caña, caña, o vindeiro contra España" (¿Berraría tamén isto o fillo de Baltar, deputado autonómico do PP por Ourense, que estaba presenciando o partido? Igual si, con isto de que son a "ala galeguista" dos populares).
Comments:
Publicar un comentario