23.1.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Da terceira idade dos edificios
Hai unha idea nada en boga, incluso "desfasada", que a min si que me parece cando menos suxerente, que é a de comparar a arquitectura cos procesos evolutivos dun organismo vivo.
Polas circunstancias que sexa a toda construcíón lle chega a súa morte, o seu final. Pero antes é moi interesante observar como envellecen os edificios.
Voltando ao exemplo de onte, a catedral de Santiago de Compostela, que a pesar de ser un centro turístico e artístico nunca deixou de ser un centro de piedade, de encontro de peregrinos.
A outros edificios na súa "vellez" se lles troca de función para que sigan sendo útiles, moitos Paradores de Turismo son un exemplo disto.
Logo tamén están os edificios que se convirten en reliquias, "ver pero non tocar", que non conservan a utilidade para a que foron pensados e se convirten en museos de si mesmos, auténtica arquitectura embalsamada.
Por último están as ruínas, os edificos que perderon a súa utilidade e nen foron transformados nen "momificados" aos que o tempo convirtiu en vextixios do que nun tempo chegaron a ser.
Comments:
Publicar un comentario