22.1.06
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
As intervencións arquitectónicas
Onte, falando por teléfono precisamente dos límites da apropiación xurdiu o tema das intervencións arquitectónicas. Outro tema interesante e polémico.
As intervencións arquitectónicas
Onte, falando por teléfono precisamente dos límites da apropiación xurdiu o tema das intervencións arquitectónicas. Outro tema interesante e polémico.
Sen ir máis lonxe, na catedral "románica" de Santiago de Compostela conviven elementos de diferentes estilos e épocas, moitas veces os elementos arquitectónicos máis contemporáneos modificaron ou simplemente destruíron os elementos anteriores.
Isto, que se pode ver como algo negativo, é un sinal de "vida" dun edificio. Seguindo a orientación para clasificar (imprecisamente moitas veces) que nos dan os "estilos artísticos" podemos dicir que na catedral hai elementos que van dende o "prerrománico" ata o "neoclásico".
Moitas veces estas transformacións arquitectónicas non viñan dadas por razóns de utilidade estructural senón por unha razón de "moda". O estilo quedábase "vello" e había que facer algo máis "moderno" que dignificase o edificio, indo dacordo cos tempos.
Como a catedral de Santiago continúa tendo "vida", continúa sendo "útil", continua a transformarse engadindo elementos tecnolóxicos que facilitan que o fegrés poida seguir a celebración.
Nembargantes, a arquitectura máis contemporánea é a gran ausente da catedral. Na igrexa compostelana os esforzos están postos en conservar o que hai (que é moito) e non en crear novos espacios.
A nós igual nos parecería unha brutalidade que un arquitecto deste século insertase unha nova capela hi-tech na catedral e, sen embargo, seguro que no barroco estarían encantados de que se plasmasen os gustos da súa época. Aínda que lles deixasen cousas tan "horribles" (visto dende o gusto da actualidade) como o rechamantemente dourado retablo metido a presión que Vega e Verdugo deseñou para o altar principal.
Comments:
Publicar un comentario