<$BlogRSDURL$>

17.1.06

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel

Do oral no fin do fin da historia

Tense comentado moito a crise da tradición oral nesta época do multimedia e do audiovisual. Sen embargo, hai un sector onde esta trasmisión, non so resiste senón que a súa importancia aumenta.

Ese eido é o da teoría artística. Entre comidas, cenas, inauguracións, pinchos, cafés, viaxes de ocio, viaxes de traballo, ponenencias, cursos, congresos, esquí, tenis, concertos de música, filmes... Un se pregunta ¿Esta xente cando lee?

En todo-los ambitos do saber o que pasa é que dunha investigación estricta nacen un montón de fillos bastardos que a seguen sen citala e sen tan sequera reflexionar sobre se o que plantexa o autor é correcto ou non.

Quizáis no artístico isto adquire unha especial importancia por este stress social ao que se ve sometido voluntariamente o "star system" da arte. Isto fai que o coñecemento das teorías da arte poucas veces veñan da fonte orixinal.

E con tanto buscar méritos non hai tempo para ler libros. Lemos revistas cool, artigos de xornais, entradas de enciclopédicas ou nin tan sequera iso. A maioría das veces o coñecemento do autor do que se fala vén do escoitado nun curso, nun congreso ou nunha coferencia de alguén que se supón que sabe máis ca nós, polo tanto terá razón. Palabara de sabio, entón xa o podo escribir eu, xa non me fai falla consultar a fonte orixinal.

Todo o mundo cita a Walter Benjamin, a Derrida ou a Foucault. O que me gustaría saber a min e cantos leron verdadeiramente a Benjamin, Derrida ou Foucault.

Dixen.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License