<$BlogRSDURL$>

24.1.06

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel

Da "falsa" arquitectura

Hai algúns anos, no precioso Pirineo oscense, acudín a un curso de arquitectura contemporánea. O título do curso era ese mesmo "Arquitectura Contemporánea". A duración que tiña era de tres días (se non lembro mal) e todas as charlas estaban impartidas pola mesma persoa, un aquitecto que exercía tamén de docente universtario.

O tipo veu ao curso sen preparalo, por iso en vez de falar da arquitectura contemporánea en xeral ou dalgún aspecto significativo desta, colleu o que tiña máis a man, os seus proxectos, proxectos que ademáis explicaba de xeito bastante aburrido, aínda que contaba cun incondicional séquito de pelotas, alumnos seus, que lle rían as gracias sen gracia que soltaba.

Ben, un dos seus proxectos era a intervención dun edificio neoclásico do que deixaba tan só o espacio protexido que neste caso era o seu perímetro, é dicir, as súas fachadas. Eran impresionantes as imaxes do edificio convertido en decorado (tan so fachada) e o baleiro enorme do interior. Interior que ía encher con vidro e demáis modernidades.

Case sempre que pensamos en arquitectura o que primeiro nos ven ao maxín son as formas da súa fachada, pero, sen dúbida, a arquitectura tamén é o espacio que ese perímetro xera. Esta claro que en calquera intervención na que se transforma a función do edificio hai que modificar a estructura interna, pero deixar tan só as paredes dun edificio (práctica nada excepcional na restauración contemporánea) semella excesivo.

Con estas intervencións Que nos queda do edificio orixinal? Unhas formas exteriores que non teñen nada que ver co a función interior?. O "monumento" así transformado convírtese nunha "arquitectura falsa", no producto dunha concepción da arquitectura errónea na que prima o formal sobre o espacial, na que con tal de conservar o exterior (que é o que máis se ve) o interior xa non conta porque non vende de cara a galería.


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License