29.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
O discreto encanto de Antonello de Messina

Cristo sostido por un anxo
|

28.11.05
|26.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Cinema galego, a necesaria autocrítica.
Por cinema galego entendo aqueles proxectos que son ideados dende Galicia centrados na temática galega. Falar entón de cinema galego non é o mesmo que falar de cinema en Galicia, Os luns ao sol, por exemplo non é cinema galego.
Pois ben, se falamos do que realmente é cinema galego, saco unha conclusión tristemente negativa polo que vin ata o de agora.

Os esforzos en producción non se ven traducidos na calidade da creación audiovisual (sobre todo en aspectos de guión), ás veces os problemas non son os cartos senón o talento. Proxectos a priori ilusionantes como Trece badaladas ou O lápis do carpinteiro quédanse en bastante pouco.
É certo que tampouco conta cunha distribución o suficientemente axeitada para que se dean a coñecer os seus productos. Como sinala repetidamente o crítico de cinema M. A. Fernández habería que poñer máis esforzo nesta labor aínda que a instalación de empresas multinacionais de distribución cinematográfica fai moi difícil esta tarefa.
O que ven a demostrar Mar Adentro, guste ou non guste, é a pouca pericia dos nosos realizadores nacionais (entendendo que Galicia é unha nación e España é un estado, unha plurinación ou unha nación de nacións) e a súa incapacidade por darlle un sabor universal ás historias e ás vivencias da sociedade galega (comezando polo uso da lingua).
25.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Sei que é unha gran pintura, agora só me falta sentir que é unha gran pintura.

22.11.05
Datos e máis datos
(LÓPEZ IGLESIAS, E. e PÉREZ FRA, M.: Grial, n.162, p.36.)
|
Na segunda metade do século XX a poboación galega mantívose globalmente estancada, fronte ao significativo incremento en España (máis do corenta e cinco por cento) o que provocou unha forte e continua perda do peso demográfico do noso país: se en mil novecentos cincuenta residía aquí o nove con seis por cento da poboación española no dous mil un a porcentaxe tiña baixado ao seis con seis.
(LÓPEZ IGLESIAS, E. e PÉREZ FRA, M.: Grial, n.162, p.36.)
21.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Interesante a reflexión sobre a arquitectura máis contemporánea e o artigo de enlace que aparece en COMPOSTELA.
Efectivamente, moitos dos edificios de Le Corbusier son funcionalmente e estructuralmente un fracaso, a arte contemporánea está chea de edificios mitificados que realmente nunca chegaron a cumplir ben as funcións para a que foron feitos e nesta nova arquitectura-escultura parece que o único interese recae na forma.
Tres aspectos que se ben son certos convén que sexan matizados:
En favor de Le Corbusier hai que dicir marcou, e non só estéticamente, a arquitectura contemporánea. Algunha das súas ideas (perfeccionadas) séguense a utilizar na arquitectura máis básica de hoxe en día.
Sobre a mitificación dos edificios penso que resposta, entre outros moitos factores, ás necesidades dunha sociedade ansiosa de iconos identificativos e de impactos visuais.
Esta prevalencia da forma na arquitectura tense que incluir dentro dun contexto de auxe económico do turismo cultural no que as cidades se convirten nun verdadeiro escaparate e tamén co xeito en que funciona a industria arquitectónica. Os gabinetes de arquitectos preséntanse a moitos proxectos o que provoca en moitos casos unha falta de reflexión sobre os contidos e a situación do edificio. Os propios xurados que adxudican as obras fomentan a espectacularidade formal sobre o contido funcional.
E a pesar de todo isto ¡Cantos magníficos edificios nos deixa a arquitectura de hoxe en día! ¡Como non sucumbir ao encanto da forma se agora a técnica permítenos construir os proxectos que eran utópicos non hai moito tempo!.
Símbolos do poder da cidade, iconos locais que buscan ser referencia na lembranza do turista, arquitecturas, en definitiva, para abraiar, para ser vistas mentras outros a padecen.
19.11.05
Novas novas
O feminino de Polanco???

PAUL ANKA
|
O feminino de Polanco???

PAUL ANKA
18.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Canto máis coñezo os artistas máis penso que Kant tiña razón, que a ética e a estética son efectivamente eidos diferentes, que hai algún cabrón que pode facer obras artísticas fantásticas e que detrás dunha gran obra non sempre hai unha gran muller ou un gran home.
Pero a pesar da miña experencia, a pesar do que me dicta a razón, hai algo dentro de min que se segue resistindo a crer iso, que continua pensando que detrás dos grandes, dos verdadeiramente grandes, sempre hai unha gran persoa.
Serei un estúpido idealista ou simplemente un total ignorante do mundo artístico?
17.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Órdago á grande na investigación artística: o CENDEAC de Murcia
Pepepaco ou o eremita en Compostela.
Sae unha raiola de sol e eu corro contigo cara unha Praterías case deserta na que so se escoitan as notas que saen da guitarra electrica tocada coa man lenta dun jazzman enmascarado e ambulante e penso que se iso que vivo non é poesía debe ser algo moi similar e véxome incapaz de escribir todo o que sinto nese intre no que a escrita é desboradada pola propia vida.

15.11.05
Pepepaco ou o eremita en Compostela
Con este panorama poucas opcións son as que quedan: admirar o pintoresquismo da paisaxe, poñer os cascos, durmir contra o asento -arríscandose a coller unha mala postura- ou escoitar as apaixoantes conversas dos demáis usuarios.
Eu no meu último viaxe en bus (desgraciadamente último que non derradeiro) optei por esta última opción, escoitar un terrorífico dialogo entre dous universitarios que padeceron a LOGSE e quizáis por iso chegaban a conclusións como, e cito textual: "Eu non sei porque hai diccionarios portugués-galego galego-portugués, iso é como se houbera diccionarios dialecto da Chaira-dialecto da Mariña dialecto da Mariña-dialecto da Chaira". Terrible non??
|
Ir en bus resulta tedioso, monótono e aburrido. O comapañeiro do carón segue sendo anónimo despois da viaxe si o era antes, a calor en verán é abafante e en inverno o frío é insoportable, os asentos son estreitos e incómodos.
Con este panorama poucas opcións son as que quedan: admirar o pintoresquismo da paisaxe, poñer os cascos, durmir contra o asento -arríscandose a coller unha mala postura- ou escoitar as apaixoantes conversas dos demáis usuarios.
Eu no meu último viaxe en bus (desgraciadamente último que non derradeiro) optei por esta última opción, escoitar un terrorífico dialogo entre dous universitarios que padeceron a LOGSE e quizáis por iso chegaban a conclusións como, e cito textual: "Eu non sei porque hai diccionarios portugués-galego galego-portugués, iso é como se houbera diccionarios dialecto da Chaira-dialecto da Mariña dialecto da Mariña-dialecto da Chaira". Terrible non??
14.11.05
Novas novas
Berros revolucionarios: "Acebes campeón te queremos un montón"

12.11.05
Novas Novas
Pepepaco ou o eremita en Compostela
|
A igrexa non pode atender a petición de beatificación de Gabilondo porque os obispos están de folga.
Pepepaco ou o eremita en Compostela
Resulta curioso a amplia variadade de temas que se entablan na conversa-express entre taxista e usuario dende o tempo á macroeconomía, dende o amor ao omnipresente estatut catalán. Onte o taxista que me levaba á estación reflexionaba en soliloquio sobre España: "Te estamos muy atrasados. A ver, yo no te digo atrasados con respecto a Burundi o Rwanda sino con respecto al resto de Europa. No hay más que ver como conduce la gente aquí"
11.11.05
Novas novas
Cuatro inicia o proceso de beatificación de Iñaki Gabilondo.
A Cope descobre que Zapatero é o Gran Mestre do Priorato de Callón.
Hoxe na Voz:
El subdelegado del Gobierno en Lugo, Jesús Otero, considera que los encapuchados que secuestraron a una empleada de la sucursal bancaria del BBVA en el municipio lucense de Guitiriz «no eran profesionales».
El suceso, que el subdelegado describió como un «secuestro express», se produjo el martes, cuando la subdirectora de la entidad bancaria permaneció secuestrada durante casi tres horas en el maletero de su vehículo.
Dos encapuchados la abordaron sobre las tres de la tarde cuando se disponía a entrar en el ascensor de su domicilio en Betanzos y la amenazaron con un arma, exigiéndole que les desvelara aspectos relacionados con la seguridad de la oficina en la que trabaja.
Jesús Otero manifestó que la Policía y la Guardia Civil «tratan de aclarar lo que realmente sucedió». Los vecinos de Guitiriz con los que contactó ayer este periódico subrayaron que la localidad es un lugar tranquilo. Sucesos como el que sufrió el martes la directora de la sucursal del BBVA en esta localidad de Terra Chá, con un secuestro que empezó en su domicilio, rebasan cualquier expectativa y sólo generan un comentario: que no vuelva a ocurrir un hecho semejante y que nadie se vea en unas condiciones como las que tuvo que soportar la subdirectora.
Según informaciones facilitadas en la oficina bancaria guitiricense, la empleada que fue abordada por unos encapuchados al entrar en su domicilio, situado en Betanzos, no acudió ayer al trabajo.
De todos modos, el hecho de que la persona que padeció el secuestro hubiese podido salir del vehículo donde estaba encerrada y pedir ayuda, aunque era sinónimo de un desenlace que no tuvo víctimas, no evitaba otro comentario: la impresión que se vivió al ver llegar a los agentes de la Guardia Civil no pasó inadvertida en la localidad de Guitiriz.

Los secuestradores de la subdirectora de un banco de Guitiriz no eran profesionales
(Firma: Xosé María Palacios Lugar: vilalba)

10.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
|
Decepcións: A representación do Centro Dramático Galego de Seis personaxes á procura de autor de Luigi Pirandello dirixida por Xúlio Lago.
7.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Decepcións: Reservoir Dogs (Tarantino)
Sorpresas: José García en Arcadia (Le Couperet) (Costa Gavras)
Recomendacións: Elsa y Fred (Carnevale)

3.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A finais do ano corenta e cinco, Fernand Léger regresa a unha Francia destruida pola II Guerra Mundial coa esperanza de que do fracaso desa guerra puidera nacer unha sociedade máis xusta e amable.

Esta pintura, Os constructores, pertence a unha serie que Leger realiza nos anos cincuenta. Os Constructores é unha obra que aspira a chegar a todo o mundo, unha obra "accesible", facilmente comprensible que ven a representar a expresión en pintura dun esforzo humano capaz de levantar obras xigantescas.
Esta imaxen creada por Léger lémbranos ás fotos que inmortalizan aos obreiros sobre as vigas dos que serán os rañaceos da cidade de Nova York.

Léger coñecía perfectamente esta cidade xa que nos anos corenta marchará de Francia rumbo Estados Unidos fuxindo da ocupación nazi. A cidade de Nova York coa súa apoteose vertical, tería para Léger unha elegancia descoñecida, espontánea, non pretendida, que se desprendería da súa planimetría xeométrica e das súas rúas cheas de vida.
A metrópole americana era unha gran máquina e Léger ve nesta máquina un símbolo positivo, un modelo capaz de enxendrar unha nova beleza. Tal é a fascinación por esta cidade que Léger chegará a dicir dela que era: O máis colosal espectáculo do mundo.
Os constructores é unha obra de gran formato, un gran óleo sobre tea que recorda á pintura mural da que Léger tanto gostaba. Os obreiros son os protagonistas deste "olimpo proletario" urbán no que as figuras macizas se monumentalizan, recortándose do fondo mediante un xogo de cores planos e fortes siluetas negras. Unha obra amable con moito de "praxe" e pouco de "metafísicas".