28.2.05

Falando dunha peli de animación (agora xa non se utiliza o de "debuxos animados") co seu director de producción díxome: "Mira tio, no te comas el tarro, ni simbolismos ni nada, para que una peli funcione el bueno tiene que ser muy bueno, el malo tiene que ser muy malo y la buena tiene que estar muy buena".

MAR ADENTRO

"El bueno tiene que ser muy bueno" Ramón Sampedro, un persoaxe honesto, interesante, intelixente, culto, sincero e valente ao que lle vai bastante ben coas mulleres. Non hai contradiccións nen dúbidas, e o superheroe perfecto (ata voa, aínda que sexa en soños). Un heroe confrontado co seu contexto máis cercano (o seu irmán e a propia sociedade galega). Pero ao que se lle recoñece o esforzo por xente de fóra. Cataluña preséntase como un oasis de modernidade en contraste con Galicia. Soa a historia xa contada ¿non?.


"El malo tiene que ser muy malo".
O malo-malísimo desta peli é o crego. Amenábar preséntanos ao sacerdote nunha intervención televisiva mentras a familia está comendo. O xesuíta declara que o problema de Sampedro é que a familia porque non lle dan cariño. E ti espectador-inocente que estás vendo como o queren e o cuidan pensas "pero como pode dicir iso, ¡que cabrón!". Para acentúar esta dialéctica entre o bo e o malo Amenábar prepara un careo (sen pistolas pero con silla de rodas) entre estas dúas posicións antagónicas de ver a vida. O careo non se pode producir porque o crego (tetrapléxico) non pode subir a falar con Sampedro, e este (tetrapléxico tamén) lóxicamente non vai baixar a recibilo. O crego (que vai nunha silla de rodas de última xeración, das que costan cartos) queda como un estúpido, ridiculizado polo inxenioso protagonista-heroe.


"La buena está muy buena".
A boa desta película é Julia e está interpretada por Belén Rueda, que dende o meu punto de vista, aquí entra a subxectividade, está moi boa. A persoaxe de Belén Rueda chega dende ese oasis de modernidade que é Cataluña e desdibuxa a que tería que ser a protagonista principal Rosa. Julia sería o contrapeso a Sampedro. Unha aposta pola vida e outro aposta pola morte, dous xeitos diferente de concebir a enfermidade. Pero este contrapeso non funciona. Nunca da impresión de que Julia elixise a vida. Nunha das últimas esceas vemos a unha Julia derrotada pola vida á que se lle entrega unha carta de Ramón (despois de que este morrera). Julia non se acorda de quen é Ramón, a pesar da preciosa historia de amor que viven na película. A súa enfermidade fíxeralle borrar a lembranza do amor. Enton ti espectador-inocente pregúntaste ¿para que vivir así?.


|

25.2.05

Alí onde as musas se citan para falar de arte.

Conversas esquecidas, proxectos que nunca serán e amigos que son eternos durante cinco minutos.

Aínda que xa non esté, cando ti les isto, volto ao presente.

|

23.2.05

...y echo yo de menos y ansiosa busco... (Safo)

|

22.2.05

A zoa vella desaparecera completamente, era tan só unha morea inmensa de area.

Quedou durmido e cando espertou a serpe continuaba aí.

|

21.2.05

Autocrítica: ¿Europapanatismo?

Europa para España é como un conto precioso que un pai lle lee a un neno para que o cativo durma e soñe.

|

20.2.05

Cultura do éxito. Fuxidas: cubatas, cocaína, ciruxía estética e complementos.

Votarei si á Constitución Europea pero todavía non sei porqué. ¿Trauma infantil?.

Clube de damnificados por min. E ti ¿xa es do clube?

|

19.2.05

Dous seres convertidos en vexetais, en silenzo intelectual gracias á maxia da pequena pantalla.

Incomodidades cibernéticas:
As molestas presenzas inmaterias (En liña).

Día de reflexión: ¿Si ou non a unha Constitución Europea que ninguén se leu?

|

18.2.05

Ocio: familia, tranquilidade e paseos.

|

17.2.05

A fachada de Santa Clara é a obra de arquitectura máis orixinal da Galicia dieciochesca. Pódese discutir nela o seu valor estético pero non o seu afán innovador.


Resulta especialmente curioso a forza que adquiren as molduras nesta obra. Bonet Correa explícao aludindo á climatoloxía galega. Esta idea tan discutible non carece de certa base. É evidente a importancia que adquire o uso de claroscuro na época barroca esto tradúcese na arquitectura co xogo baleiro-activo e co aumento de grosor das molduras no caso galego (xustificado pola ausencia de sol).

Lendo o libro de Hugh Honour El neoclasicismo coñecín a obra do Altar da Boa Fortuna en Weimar, peza pensada por Goethe que me lembrou aos remates da arquitectura de Simón Rodríguez. A obra do alemán consiste nunha esfera sobre un robusto pedestal cúbico, é dicir, pura xeometría. Menos harmónica, pero máis valente, é a aposta de Rodríguez. Mentras a peza de Goethe é unha escultura exenta, o santiagués integra tres grandes volumes cinlíndricos na parte máis alta da súa arquitectura.


Respecto aos orixes dos misteriosos cilindros, os gravados de Serlio, moi coñecidos na España da época, poden darnos o punto de partida, pero non a súa concepción total. O tratadista italiano nunca proxectou lonxitudinalmente as súas esferas no espazo coa decisión coa que o fai o compostelán. Unha explicación formal da arquitectura levaríanos a afirmar que a colocación dos cilindros coroando a arquitectura responde a un intento de acentúar a inestabilidade do edificio, a un mero risco técnico. Nembargantes xorde unha pregunta evidente á que ninguén responde ¿teñen os cilindros un significado iconográfico?.


Rodríguez é un xenio único que cronolóxicamente nada entre as tendencias barrocas e as neoclásicas, quizáis este tránsito de estilos explique que a influenza desta obra teña escasa continuidade. A fachada-telón compostelá lévanos cara o Rodríguez carpinteiro que retorce as molduras de granito como se fose madeira. Un xigantesco retablo pétreo que segue desconcertando ao que se para a contemplalo e que segue gardando para si o segredo do significado dos seus tres misteirosos cilindros.

|

16.2.05

O 11 de agosto aí estaremos (with or without you)


Vicente Calderón

|

15.2.05

Resistiu...


Rañaceos Windsor




"Entre las aficionadas al arte moderno hay muchas minifaldas y encuentro esto completamente lógico puesto que la minifalda también es moderna y del mismo modo que el arte moderno tiene de arte el concepto, la minifalda tiene de vestido solo el concepto" (Manuel Hidalgo en EL MUNDO )

|

14.2.05

Exames de branco ausente.

Moda On (Nova Sección):
Camisetas estilo "revival" Nunca Máis e Non á Lou e americanas tardosetenteiras entalladas que non sexan de pana.


San Valentín marrón madeira.


Hello apuntes soleados. Good Bye plalliña no verán.

|

13.2.05

E pensar que a túa beleza non está en ti senón en min.

GASTRONOMÍA DE ESTUDANTE (Nova Sección):
O Restaurante compostelán San Clemente sube o seu menú de estudante de seis a sete euros.

MODA Off (Nova sección):
Absolutamente off por sobrecarga na rede: Os artículos de Pucca, os bolsos de Audrey Hepburn e as camisetas do Rei Zentolo.

Sego en pe (moi ao teu pesar).

|

12.2.05

Frivolidade: "EL TSUNAMI DEJA LA MEJOR FOTO DEL AÑO" (hoxe en La Voz de Galicia)

Día de intensas visitas en Compostela. Borrell, Rajoy e Barroso. Facendo tempo mentras agardaba por un sitio libre na Biblioteca Xeral (que aínda non conseguin) cruceime con Borrel enfrente de Fonseca. Ía a comer ao San Clemente, alí a veces como eu o menú de estudante ao módico prezo de seis euros. Imaxino que o presidente do parlamento europeo non comerá de menú de estudante. Por certo, que en vivo e en directo parece aínda máis serio que na televisión. O presidente está serio, ¿que lle pasa ao presidente?.


A selección darwiniana aplicada á epoca de exames: So consigue sitio na Biblioteca aqueles seres que madrugan ou aqueloutros que teñen amigos que madrugan.


OBITUARIOS:
Arthur Miller dixo de Marilyn (da nosa Marilyn) que "era una poeta callejera que quería recitar versos a una multitud que sólo deseaba verla desnuda".

|
Adquisicións:
Na tenda de Gong (Compostela) por catro euros quince.
"Nat King Cole cantando en castellano"
01.-Ansiedad (E. Sanabria Rodríguez)
02.-Perfidia ( Alberto Domínguez)
03.-Noche de Ronda (María Teresa Lara)
04.-Capullito de Alhelí (Rafael Hernández)
05.-El Bodeguero (Richard Egues)
06.-Adelita (Arr. Jack Harris)
07.-Maria Elena (Lorenzo Barcelata)
08.-Aquellos ojos verdes (Nilo Fernández- Adolfo Urreta)
09.-Solamente una vez (Agustín Lara)
10.-Te quiero dijiste (María Grever)
11.-Cachito (Consuelo Velázquez)
12.-Quizás, quizás, quizás (Osvaldo Ferrés)

Mítico. Gracias Wong Kar wai!

Continúo na noite Xeral de estudo e estética.

|

10.2.05

Estivenno pensando estes días de agobio e definitivamente penso que non valería para ser princesa.

-Sabes, levo xa quince días sen beber. Co alcool que levo na xiba ben me chega para toda a vida. ¿Así fan os camellos, non?

-Onte cruceime coa miña ex-muller, estaba ben máis guapa que cando estaba conmigo. Non lle din boa vida non, espero que co que está agora lla dea mellor, disque é funcionario.

Tiña unha historia moi boa para contar pero hai dous xigantescos melenudos que están esperando este ordeador, deixareina para outro día logo. Desconecto gratuitamente dende a Xeral e descendo do ciberespacio ao estudio estético.

|

6.2.05

¿Os Lumiére inventan o cine?

Han pasado a la Historia como inventores del cine, sin embargo, como observa Jacques Aumont, en rigor no inventan nada, sino que combinan felizmente descubrimientos anteriores: no inventan la película (Eastman), ni la perforación (Reynaud, Edison), ni la proyección (la linterna mágica), ni el movimiento intermintente (presente en otros inventos), ni la síntesis del movimiento (Edison), ni la proyección pública cobrando (Skladanowsky, Latham) (en Sánchez Noriega, Historia del cine)


|

4.2.05

Do amor e outras soedades
Sei que o escriba nunca superará a realidade. As historias máis tristes que coñezo son ou foron, existen ou existiron. Ninguén as escribirá tan cheas de amor como realmente sucederon. Amor tráxico, maldito amor, amor maldito.

|

3.2.05

Outra vez unha desas escuras noites da alma que me converte nun mísitico involuntario que dubida das crenzas e das non crenzas, que come teito branco toda a noite, que pensa o que non ten que pensar, que súa, que tose e que vomita angustia.

|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License