31.1.05
28.1.05
CFD.-Corresponsal
27.1.05
26.1.05
25.1.05
24.1.05
HUMA. Hay gente que piensa que los hijos son cosa de un día. Pero se tarda mucho. Mucho. Por eso es tan terrible ver la sangre de un hijo derramada por el suelo... Una fuente que corre durante un minuto y a nosotras nos ha costado años. Cuando yo descubrí a mi hijo, estaba tumbado en mitad de la calle. Me mojé las manos de sangre y me las lamí con la lengua. Porque era mía. Los animales los lamen, ¿verdad? A mí no me da asco de mi hijo. Tú no sabes lo que es eso. En una custodia de cristal y topacios pondría yo la tierra empapada por su sangre.. (texto non incluido no guión orixinal do filme)
Almodóvar fálanos a través de Lorca do profundo pesar dunha nai que perde ao seu fillo, do desgarro que sentiu Manuela a perder a Esteban. Pero en Todo sobre mi madre a maternidade tamén provoca frustración pola incomprensión (como no caso da irmá Rosa e a súa nai) e morte (a relixiosa que morre ao dar a luz).
No discurrir narrativo da historia hai que destacar o protagonismo que no filme ten Manuela. Unha nai diferente ao resto de nais da filmografía de Almodóvar que en nada nos lembra á “muller popular” (interpretada por Chus Lampreave en La flor de mi secreto, pola nai do realizador manchego en Átame ou polas “galegas” de La mala educación) e que pouco ten que ver tamén coa glamourosa Becky del Páramo de Tacones lejanos. Manuela é unha muller de nacionalidade arxentina, bastante xoven, moi guapa e que está soa. Un persoaxe consistente e verosímil ao que da vida de xeito magnífico Cecilia Roth.
23.1.05
Beleza e decadencia

22.1.05
Condenado
a mirarte desde fuera
y dejar que te tocara el sol.
Y si fuera
mi vida una escalera
me la he pasao entera
buscando el siguiente escalón
convencido
que estás en el tejado
esperando a ver si llego yo.
21.1.05
"El hombre es un dios cuando sueña y un mendigo cuando reflexiona"
Idea xenial que non resulta tan xenial:
Ligar cunha rapaza guapa e interesante que ten mozo.
"¿Qué bonita es Mar adentro que grisácea es la realidad?"
20.1.05
Xeralmente me abstraío da espera sumerxíndome nas columnas dalgún xornal, pero hoxe non hai diario libre, así que de volta a mirar ao aire, ao teito, á fiestra, á mesa, ao chan e á rapaza con pintas de interesante.
Canso xa de mirar saquei a miña axenda azul e púxenme a escribir. Algunha persoa da cafetería seguro que se preguntou que carallo escribía con tanto interse. Se soubesen que era so isto, un instante atrapado, algo tan típicamente burgués, Proust en postadolescente ou narrativa breve impresionista para medio dixital.
Xa se achega Juan, a persoa que pon fin a este relato interrumpido pola realidade.
19.1.05
SUBLIME?

Orange and Yellow
M. Rothko, 1956
18.1.05
Na viaxe case non cruzaron palabra, simplemente el lle ía indicando o camiño a escoller en cada intre. En seis quilómetros xa estaban na casa, un piso nun enorme bloque de edificios dun novo barrio da periferia madrileña.
O tipo saliu do coche con dificultade, abriu o maleteiro, e berrou "¡Mira, mira!". El baixou do coche e achegouse ata o maleteiro, tapados torpemente por unha manta había unha morea de pequenas bolsas de cocaína.
"Toma, para o taxi" - púxolle na man mil cincocentos euros- "Isto é unha propina porque a viaxe é curtiña. A próxima vez será moito máis se ti queres. A máis quilómetros máis cartos, a máis quilos máis cartos".
Voltou a casa nun taxi. Seguía sen saber o idioma, sen traballo, sen amigos... pero tiña mil cincocentos euros no peto por conducir seis quilómetros. " A próxima vez, se ti queres, a próxima vez..."
17.1.05

Axenda cultural
O profesor do Departamento de Historia da Arte da USC, Antonio Garrido Moreno, participará este mércores, día 18, no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte do Departamento de Historia da Arte. A súa intervención, que terá lugar ás 20:00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, leva por título ‘Tradición e innovación tecnolóxica na arte do século XX. Da obra gráfica á gráfica dixital’.
Seguindo a súa liña de investigación do estudo da arte do século XX, Antonio Garrido tomará como punto de partida a historia da obra gráfica tradicional para desenvolver a súa evolución ata a gráfica dixital. Paralelamente fará unha reflexión sobre a aparición doutras novas técnicas creativas englobadas na ‘Gráfica dixital’ e a súa incidencia en aspectos específicos do sistema artístico do século XX.
Na conferencia intervirá tamén a bolseira de investigación Pilar Díez del Corral cunha comunicación titulada ‘¿Qué nos din os vasos gregos?’.
16.1.05
"¿En que se diferencia una pared desconchada de un cuadro de Antoni Tápies?
En que un cuadro de Tápies vale muchísimo más." (Albert Boadella)
Facendo mitoloxía nacional:
Proxectos para este novo milenio: Ir a Lyon.
15.1.05
¿O comunismo? Pois como o Monumento á III Internacional de Tatlin, unha fermosa maqueta.
¿A verdadeira amizade? Cando compartes rutina e silenzos.
14.1.05
Facendo mitoloxía nacional:
13.1.05
"La única novia que tengo, asín te lo digo, es la pintura" (Humberto Janeiro)
12.1.05
A demanda dos nenos do coro
11.1.05
Eu xa vira este filme en versión orixinal con subtítulos (neste caso recomendo este tipo de visionado) en CINEUROPA no santiagués Teatro Principal. Precisamente a semana pasada falara del cun amigo cinéfilo (dos de verdade) e comentábamos que sería moi interesante a comparazón entre este filme e a subtrama de La Mala Educación (flamante premio da Crítica Neoiorquina) que se desenvolve no internado. Unha mesma época filmadas dende concepcións opostas. A lembranza infantil resentida de Almodóvar frente o recordo tenro pero sen concesións de Barratier.
Los niños del Coro é un conto marabilloso, deses que tan ben sabe facer o cine francés últimamente, que relata a vida nun internado de rapaces nos tempos da posguerra. Un conto marabilloso que por certo remata nunha atípica parada de bus (Los niños del coro non podería rematar nun aeroporto) e que eu gracias a un erro puiden disfrutar por segunda vez para voltar a casa cun sorriso nos beizos e sen poder parar de lembrar a súa preciosa banda sonora.
Axenda Cultural
Belén Castro centrará a ponencia na súa liña de investigación en torno á recuperación do patrimonio cultural en Galicia no século XX, dándolle maior relevancia ás actuacións do arquitecto Pons Sorolla. A revitalización progresiva producida no Camiño de Santiago durante a segunda metade do século XX estivo vinculada coa celebración dos sucesivos Anos Santos Xacobeos. Así, con motivo da conmemoración de dous deles, en 1954 e 1965, promoveuse a ordenación urbanística e a restauración de importantes zonas e monumentos nas rutas de peregrinación. Sen dúbida, como porá de manifesto Belén Castro na súa conferencia, a chegada do Camiño Francés a Santiago, a entrada da Ruta Portuguesa a Galicia por Tui e o traslado da poboación de Portomarín na Vía Francíxena constitúen tres áreas de necesario estudo para a súa valoración.
Este mércores tamén tomará a palabra o becario de investigación Manuel Segade Lodeiro cunha comunicación titulada ‘Historia do corpo’.
10.1.05
Onte vin que no Compostela puñan La importancia de llamarse Ernesto. O meu primeiro curso en arte devoraba Wilde porque soñaba con Oxford (agora soño con Manhattan). Lembro con agarimo a miña lectura desa peza teatral, ademáis no radiofónico Cowboys de Medianoche o ínclito Torres Dulce falaba moi ben dun dos seus protagonistas.
Fixen cola. A parella de diante pediu dous billetes para a sala catro. Eu pedín un para La importancia de llamarse Ernesto. Entrei no cine e dinme conta de que esquecera mirar a sala. Por non preguntar deixeime guiar polo corazón e fun á sala catro seguindo á parella que tiña diante na cola.
Entrei na alongada e estreita sala catro do Compostela. Púxenme bastante diante para mitigar o crecemento da miña miopía. Ao meu carón había unha parella multirracial. Ela, unha negra inmensa con acento americano, explicáballe ao seu acompañante os diversos significados do título de La importancia... Parece entón que acertei -pensei. A música (pop yankee comercial) cesou e as luces se apagaron. O filme comezou sen trailers... (To be continued)
Axenda cultural (IMPRESCINDIBLE!!)
O profesor do Departamento de Historia da Arte da USC Miguel Anxo Rodríguez pronunciará este martes, día 11, ás 20:00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, a conferencia ‘Escultura abstracta na periferia. Aproximacións a outra tradición’. Deste xeito o Departamento de Historia da Arte reanuda, logo das vacacións de Nadal, o seu I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte.
A escultura abstracta en rexións periféricas de Europa presenta unhas singulares características que fixeron que desde a crítica e historia da arte se adoitara interpretar sempre a partir do tópico de ‘tradición e modernidade’, como se esta escultura fose consecuencia duns modos de traballo que se perpetuaron no tempo, mesturados con formas modernas. Así, o profesor Rodríguez Fernández fará unha revisión destas ideas porque non atenden á forte carga de intencionalidade das propostas dos artistas, “a selección que estes fan das formas, materiais ou procedementos tradicionais é moi consciente e premeditada”.
Na súa conferencia centrarase nos casos vasco e galego, aludindo ao contexto socio-cultural. Na segunda metade do século XX foron varios os escultores vascos e galegos que adoitaron materiais e modos de traballo propios dos oficios populares. Así, é significativo que estas aproximacións tan frutíferas para os artistas se deran en momentos de crise de lexitimidade das academias de Belas Artes e de decadencia dos oficios populares.
Tamén este martes, día 11, Pedro de Llano Neira exporá unha comunicación titulada ‘Crítica de arte en Clement Greenberg’.
9.1.05
MOVEMENTO MONÁRQUICO COROA GALEGA
8.1.05
¿Eu? Perfectamente prescindible.
Placer, éxito, fugacidade...

en vez de infierno encuentres gloria
y que una nube de tu memoria
me borre a mi"
7.1.05
Angustia...

J. Pollock Lavender Mist
6.1.05

Willem De Kooning Woman I
5.1.05
-E ti non ves?
-Non nena, non. Eu no bus maréome, aínda se fose un avión. Pero nena que quero que saibas que sempre...
-¿Que sempre que?
-Que sempre nos quedará Goiriz

4.1.05
Casablanca remata nun aeroporto, a última escea tamén podería transcurrir nunha estación de tren pero NUNCA, NUNCA, NUNCA nunha estación de bus (nunca insisto).
A crise posmoderna afecta á identidade das persoaxes xa que non podemos cambiar o mundo cambiemos polo menos o noso aspecto (VOZ EN OFF do documental Todo sobre Pedro). ¿Cun xersei granate de rombos? -engado eu.
3.1.05
Un xersei de pico granate de rombos brancos e negros que me acabo de mercar (absolutamente antierótico)
Proposta de nomes para un grupo de pop naif
A VENGANZA DA VANGARDA
Proposta de nomes para un conxunto feminino postpunk
ASASINAS PREMENSTRUAIS
"Marisa es la quintaesencia de la interpretación (...) una actriz que actúa frente a una cámara y es también un monstruo de la escena. Es algo que se tiene o no se tiene. Su forma de caminar en un escenario o en un plató es majestuosa, es algo que no se aprende" (PEDRO ALMODÓVAR)
2.1.05
"El Quijote te pone, como dicen los jóvenes ahora". (MINGOTE)
1.1.05
Xéminis: "Vuelquese en solucionar sus problemas más próximos, no intente abarcar más de lo que se sienta capaz, podría encontrarse a corto plazo con alguna situación embarazosa. Si se preocupa demasiado por su salud es muy posible cualquier pequeño problema se haga más grave. No sea alarmista su salud por ahora seguirá en un aceptable estado".