<$BlogRSDURL$>

11.12.05

Un tipo duro


Achegábase cara min cun cigarrillo na man que movía a ritmo de cumbia. Era unha luz en medio daquel deserto de neón, sen dúbida a rapaza máis fermosa de toda a parroquia. Xa ao meu carón colleu unha cadeira e sentouse insinuantemente regalándome o seu mellor sorriso de lúa.

-¡Ola guapo!... ¡Canto tempo!... ¿A que andas?

Pero eu esa noite non estaba para lerias e adiviñando as súas intencións cortei a conversa en seco.

-Mira nena, estou aquí cos colegas, tomando uns batidos de chocolate e falando tranquilamente da importancia que tivo Umberto Tozzi no pop español. Ou sexa que se queres algo conmigo será mellor que o deixes para outra noite.


E tal cual veu, tal cual se foi movendo o seu cigarrillo a ritmo de cumbia.


-Ah!! E por certo... -berreille eu e ela non tardou en virarse e mirarme intensamente- Que saibas que non me gusta que fumen preto de min porque o fume do tábaco faime chorar os ollos -e co meu sorriso de medio lado espeteille- Boneca, para estar cun tipo coma min aínda tes que mellorar moito.


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License