<$BlogRSDURL$>

30.12.05

Pepepaco ou un eremita en Compostela

Selección galega (I)

Chegamos a Santiago no Alfa Romeo dun colega a ritmo de reguetón do malo (¿existe o reguetón bo? e por certo ¿escríbese así reguetón?) para ver o regreso aos campos de balompé da selección galega.

Se fosemos algo románticos, sentimentales ou patriotas iríamos escoitando a Ana Kiro, a Orquestra Compostela, a Los Tamara, a Juan Pardo (en solitario, cos Brincos, con Junior ou en trío con Superpiñeiro e Gayoso), a Xil Ríos, aos Herdeiros da Crus ou a Pili Pampín. Pero nada, o noso patriotismo musical chocaba coa cruda realidade. Este era o único cedé que había no coche, ou sexa que a banda sonora da viaxe de ida estivo protagonizada pola música latina máis comercial.

Despois dun máis que discreto atasco, aparacamos na cuneta dunha corredoira cercana a San Lázaro. Por suposto, tratándose de Santiago e da selección galega tiña que chover ou cando menos orballar, e así foi.

Chegamos ao estadio esquivando a chuvia cos nosos abrigos. Entramos pola porta tres (estábamos en tribuna) e nas escadas de acceso das gradas xa nos atavaíron co kit do siareiro. O conxunto de accesorios contaba cunha bandeiriña galega (das que se lle borra a pintura ao día seguinte); dous plásticos para inchar e un libro titulado "Selección galega" que era iso, unha selección galega pero non deportiva senón literaria, unha antoloxía de relatos de autores galegos en galego (de Rosalía de Castro a Manuel María).

Atavíados con estes accesorios imprescindibles chegamos aos nosos asentos da fila cinco. San Lázaro apenas contaba naquel intre (sobre das oito e vinte da tarde) coa metade do aforo cuberto. Comentarios pesimistas: Con este tempo quen vai vir, non se enche nin de coña, seguro que lle regalaron as entradas a xente que logo non ven.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License