31.12.05
Pepepaco ou un eremita en Compostela
Selección galega (II)
As bancadas íanse enchendo paseniño e en San Lázaro comezaba a haber ambiente de festa. Había bastante xente que vestía a "horrible" camiseta que "perpetraron" para a selección galega (este tema merecería un monográfico estético de Isaac Marcel) e moita sudadeira e algunha bufanda de "GALIZA".
Non podían faltar as pancartas reinvidicativas ("Unha nación. Unha selección") e as paródicas ("Si, si, si, somos de Mellí" ou "Pantón selección"). Tamén había bastantes bandeiras independentistas, poucas con escudo e algunhas sen estrelas e sen escudo.
O ambiente de festa crecía, nas pantallas do estadio podíase ver o encontro entre Touriño e Anxela Bugallo e os xogadores (¿Publicidade subliminal?), a música tamborileira comezaba, a xente axitaba os globiños alongados azuis e brancos que viñan co kit do siareiro e cantaban temas populares como o de "Eu traío unha borracheira..."
Os preliminares remataron cun xogo de luces (tan do gusto dos fastuosos Xacobeos) e despois a selección uruguaia saía ao campo recibida cunha grande ovación. De seguido saltaba ao céspede o combinado galego e San Lázaro estoupaba en aplausos (esta anotación quedoume moi "comentarios futbolísticos da galega").
Por certo, Feliz Ano. Esta historia continúa no 2006 e PERIFÉRICOS tamén.
|
Selección galega (II)
Por suposto, nos previos do partido non podía faltar o "mítico" bocata de chourizo e queixo do país, para aforrar cartiños e mata-lo tempo.
As bancadas íanse enchendo paseniño e en San Lázaro comezaba a haber ambiente de festa. Había bastante xente que vestía a "horrible" camiseta que "perpetraron" para a selección galega (este tema merecería un monográfico estético de Isaac Marcel) e moita sudadeira e algunha bufanda de "GALIZA".
Non podían faltar as pancartas reinvidicativas ("Unha nación. Unha selección") e as paródicas ("Si, si, si, somos de Mellí" ou "Pantón selección"). Tamén había bastantes bandeiras independentistas, poucas con escudo e algunhas sen estrelas e sen escudo.
O ambiente de festa crecía, nas pantallas do estadio podíase ver o encontro entre Touriño e Anxela Bugallo e os xogadores (¿Publicidade subliminal?), a música tamborileira comezaba, a xente axitaba os globiños alongados azuis e brancos que viñan co kit do siareiro e cantaban temas populares como o de "Eu traío unha borracheira..."
Os preliminares remataron cun xogo de luces (tan do gusto dos fastuosos Xacobeos) e despois a selección uruguaia saía ao campo recibida cunha grande ovación. De seguido saltaba ao céspede o combinado galego e San Lázaro estoupaba en aplausos (esta anotación quedoume moi "comentarios futbolísticos da galega").
Por certo, Feliz Ano. Esta historia continúa no 2006 e PERIFÉRICOS tamén.
Comments:
Publicar un comentario