10.12.05
Pepepaco ou o eremita en Compostela
Turismo diocesano
Dato curioso: atopeime co sucesor do voluntariamente polémico Gea Escolano (o antigo bispo de Mondoñedo-Ferrol).
Pola tarde subimos ata Ribadeo. Ribadeo é todo o contario, unha vila na que as rúas están ateigadas de xente. Rúas nas que se ve bastante xuventude e nas que as persoas disfrutan paseando (exhibíndose tamén) e falando nos bares (un defecto: poucos dan tapas). É certo que no casco vello de Ribadeo pasa o que en case tódolos cascos vellos galegos: hai un cinema abandoado, hai casas nun penoso estado de conservación (pero hai moitas que si que están restauradas), además de padecer esa enfermidade do hormigón e do ladrillo característica do feísmo utilitario e materialista tan típicamente do país e de adornar as súas rúas máis senlleiras con esculturas horribles que deixan no cerebro un regusto kistch-hortera.
E ao final do día de regreso á Chaira. Frío, moito frío e unhas longas rúas baleiras. Un escenario propio de traxedia. Unha traxedia na que os segredos se agocharían trala néboa e na que pasada a noite amencería igual que todo-los días, como si nada tivera sucedido.
|
Turismo diocesano
Antonte inauguramos unha nova modalidade de turismo: o turismo diocesano. Fomos ata Mondoñedo, unha das dúas capitais da nosa diócese.
Quedei impresionado coa "potencia patrimonial" que ofrece Mondoñedo. O seu urbanismo (que debía de cuidarse bastante máis), a súa catedral (por fóra que por dentro non a visitamos porque estaba pechada), o seu enorme pazo arcebispal (inmenso!!), a casa do inventor Cunqueiro (discreta)... E sen embargo, Mondoñedo é unha vila que agoniza, con pouca xente pola rúa, case sen vida. Un sitio con gran interese patrimonial desaproveitado para a xestión turística.

Comments:
Publicar un comentario