22.12.05
Pepepaco ou o eremita en Compostela
Madrid (De obras). Primeira parte do primeiro día.
No seu estudio da Catedral de Santiago, K. Konant escribe que unha das causas da boa conservación do casco histórico compostelá son as súas malas comunicacións. Agora hai autoestradas, autovías, buses... pero cara Madrid saímos o pasado venres ás seis da mañá e á capital do estado non chegamos ata ben entradas ás tres da tarde.
Máis de nove horas de viaxe, que non está mal. Nesta tardanza influíron as paradas reglamentarias que ten que facer o conductor do bus e o tráfico infernal da capital da plurinación.
Ao chegar puídemos observar dende a fiestra do bus que Gallardón se puxera en plan Ramsés e ten levantado faraónicamente medio Madrid. Un Madrid cheo de formigón, palas, camións, ruido, perforacións e grúas.
Nós paramos en Atocha (lembranza de cirios e fotos dos desaparecidos) e metímonos no metro coa incertidume pueblerina de se poderíamos acertar coa liña.
Comments:
Publicar un comentario