<$BlogRSDURL$>

1.12.05

Novas novas

Nace en Compostela a Asociación Universitaria Posthistoria.

Posthistoria: Exposición de motivos.
O termo posthistoria aplicado á arte chega a nós a través das lecturas de Arthur C. Danto. Segundo este estudioso norteamericano o concepto mesmo de arte sofriría unha radical transformación nos anos sesenta do século XX, comezaría nesta década a arte posthistórica. Estas premisas entroncan coas ideas de fin da arte ou fin da historia. Pero esta tese da poshistoria non é máis que unha suxerente mentira que nace do egocentrismo do home contemporáneo, de crerse fin e comezo de todo. A historia e polo tanto a historia da arte segue co seu relato no mundo actual por máis que lles pese a algúns teóricos contemporáneos, iso si con trocos significativos, adaptándose ao tempo en que vivimos.

Despois desta matización as preguntas que xorden agora son ¿Qué entón para nós a posthistoria? ¿E como aplicaríamos este termo ao mundo artístico? A arte posthistórica centraríase nas posibilidades que ten o estudio histórico artístico como fonte de coñecemento e como medio de transformación social. Porque o que propoñemos dende a nosa posthistoria é iso: unha mirada ao futuro que parte da experiencia histórica.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License