21.12.05
Mini-historias globalizadas
A lenda conta que os gaiteiros deciden regresar por Lisboa. Alí disque un polícia lles preguntou se eran "roxos" e a isto eles contestaron: "Non señor, nós somoslle de Soutelo de Montes".
Raro, raro, raro.

|
Cóntase pola Terra de Montes que a banda de Avelino Cachafeiro, estivo na inauguración das Olimpiadas de Berlín. Parece ser que isto nunca chegou a suceder pero imaxínense aos gaiteiros de Soutelo de Montes tocando a gaita galega diante de Hitler.
Antes de chegar a Berlín a banda acorda voltar á casa. En España estalla a Guerra Civil e a nosa tráxica plurinación decide retirarse dos Xogos Olímpicos.
A lenda conta que os gaiteiros deciden regresar por Lisboa. Alí disque un polícia lles preguntou se eran "roxos" e a isto eles contestaron: "Non señor, nós somoslle de Soutelo de Montes".
Por iso agora cando na Terra de Montes se fala de política, sóese dicir "Mira, nin duns nin doutros, eu sonche de Soutelo"
Novas Novas (sacado do Consello da Cultura Galega)
Preto de 15.000 espectadores seguiron a décima edición do Festival de Cine de Ourense. O Festival de Cine de Ourense acaba de ofrecer as contas da súa última edición. En total 14.237 persoas se achegaron ata as proxeccións ou actividades organizadas dentro do programa que tivo lugar do 12 ao 19 de novembro. Deste festival pasamos a outra festa do cine, a dos Goya que entregará os seus premios o vindeiro 29 de xaneiro. E o vindeiro 15 de decembro saberemos se “O soño dunha noite de San Xoán” ou “Gisaku” figuran entre os finalistas aos premios máis importantes do Estado.
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Raro, raro, raro.

Comments:
Publicar un comentario