9.12.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
No filme En la ciudad Cesc Gay quédase na superficie dos filmes Bergman ou nun Woody Allen serio pero descafeinado.
Dentro do cinema interesame moito esa tendencia apatrida e internacionalista que concibe ao planeta como unha gran nación de nacións. Un cinema protagonizado por historias pequenas que trascenden do particular ao global e que nacen de intentar reflexar as cousas verdadeiramente importantes que están sucedendo no mundo. Estas características están presentes en La vida secreta de las palabras, o último filme de Isabel Coixet, que aínda que conta con imaxes de indubidable beleza e cunha historia intimista de gran forza dramática (que peca de certa morosidade narrativa) non chega ao nivel de calidade alcanzada pola realizadora en Mi vida sin mi.
Co-producción galega, Camaron, é un producto discreto salvado da absoluta mediocridade pola boa actuación do protagonista Óscar Jaenada (magníficamente caracterizado) e pola banda sonora (unha boa excusa para lembrar ou descubrir a Camarón).
Comments:
Publicar un comentario