27.12.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
SMS a propósito da despedida de Garci e o seu programa de Televisión española:
"Homero, Ovidio, Luis Vives, Copernico, Erasmo, Descartes, Newton... y ahora Garci. No quedan columnas bajo el friso de la cultura occidental".
"Momento Garci último programa cava y palabras de agradecimiento y decepción a tve q grande es el cine! Garci mártir político"
Pepepaco ou o eremita en Compostela
Madrid (De obras). Segunda parte do primeiro día.
Saímos correndo a comer a un restaurante cercano. Ideal: Nova cociña abundante e barata (menú do día a nove euros) un revolto de cardos decente, unha carne de segundo bastante boa e prescindindo do postre exercín o meu dereito a infusión gratuita e púxeronme un té vermello delicioso.
Disfrutamos ampliamente da sobrEmesa. Poñendo a parir a case todo e a case todos (pecados da xuventude) e compartindo os medos propios do abismo que é o remate dunha carreira tal cual está o mercado laboral para as humanidades.
Rematou a sobremesa e adaptámonos aoS ritmos estresantes de Madrid para chegar a tempo de ver con calma a exposición do Thyssen: Mimesis. Realismos Modernos. 1918-1944. Que por certo é absolutamente decepcionante, mellor fixeramos se fosemos a ver a marabillosa (penso que en galego é con "b" ) colección permanente do museo.
Resulta bastante máis interesante a outra exposición temporal que montaron a raíz do Retrato dun xove de Rafael, na que se ve como o mestre de Urbino, en colaboración con Giulio Romano, coquetea coas novas formas manieristas.
|

"Garci se despide sirviendo champán, mientras Carmen Sevilla sigue y seguirá poniendo la merienda. Así funciona TVE."
"Homero, Ovidio, Luis Vives, Copernico, Erasmo, Descartes, Newton... y ahora Garci. No quedan columnas bajo el friso de la cultura occidental".
"Momento Garci último programa cava y palabras de agradecimiento y decepción a tve q grande es el cine! Garci mártir político"
Pepepaco ou o eremita en Compostela
Madrid (De obras). Segunda parte do primeiro día.
O lector acostumado as lecturas de PERIFÉRICOS esperará que agora aos protagonistas da historia lles pase algo insospeitado como que un sesentañeiro con face de avó amable lles roube as maletas e lles propine unha somanta de golpes. Pero non. Afortunadamente chegamos sen complicación á nosa parada de Chueca (os problemas co metro, que os tivemos, por suposto, deixámolos para outro día).
Chueca é unha das zoas máis "humanizadas" e máis agradables para vivir no "feroz" Madrid de hoxe en día. Nunha paralela á praza tiñamos a nosa pensión. O Hostal América da rúa Hortaleza. A pensión pintaba ben: dúas estrelas, con baño e tele, e salvo o gusto ornamental (típico dos setenta) con eses grandes mobles de madeira e eses horribles cadros de caza e soldados, as instalacións semellaban estar en perfecto estado.
Saímos correndo a comer a un restaurante cercano. Ideal: Nova cociña abundante e barata (menú do día a nove euros) un revolto de cardos decente, unha carne de segundo bastante boa e prescindindo do postre exercín o meu dereito a infusión gratuita e púxeronme un té vermello delicioso.
Disfrutamos ampliamente da sobrEmesa. Poñendo a parir a case todo e a case todos (pecados da xuventude) e compartindo os medos propios do abismo que é o remate dunha carreira tal cual está o mercado laboral para as humanidades.
Rematou a sobremesa e adaptámonos aoS ritmos estresantes de Madrid para chegar a tempo de ver con calma a exposición do Thyssen: Mimesis. Realismos Modernos. 1918-1944. Que por certo é absolutamente decepcionante, mellor fixeramos se fosemos a ver a marabillosa (penso que en galego é con "b" ) colección permanente do museo.
Resulta bastante máis interesante a outra exposición temporal que montaron a raíz do Retrato dun xove de Rafael, na que se ve como o mestre de Urbino, en colaboración con Giulio Romano, coquetea coas novas formas manieristas.
Comments:
Publicar un comentario