<$BlogRSDURL$>

26.11.05

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel


Cinema galego, a necesaria autocrítica.

Por cinema galego entendo aqueles proxectos que son ideados dende Galicia centrados na temática galega. Falar entón de cinema galego non é o mesmo que falar de cinema en Galicia, Os luns ao sol, por exemplo non é cinema galego.

Pois ben, se falamos do que realmente é cinema galego, saco unha conclusión tristemente negativa polo que vin ata o de agora.


Os esforzos en producción non se ven traducidos na calidade da creación audiovisual (sobre todo en aspectos de guión), ás veces os problemas non son os cartos senón o talento. Proxectos a priori ilusionantes como Trece badaladas ou O lápis do carpinteiro quédanse en bastante pouco.


É certo que tampouco conta cunha distribución o suficientemente axeitada para que se dean a coñecer os seus productos. Como sinala repetidamente o crítico de cinema M. A. Fernández habería que poñer máis esforzo nesta labor aínda que a instalación de empresas multinacionais de distribución cinematográfica fai moi difícil esta tarefa.

O que ven a demostrar Mar Adentro, guste ou non guste, é a pouca pericia dos nosos realizadores nacionais (entendendo que Galicia é unha nación e España é un estado, unha plurinación ou unha nación de nacións) e a súa incapacidade por darlle un sabor universal ás historias e ás vivencias da sociedade galega (comezando polo uso da lingua).

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License