<$BlogRSDURL$>

21.11.05

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel


Interesante a reflexión sobre a arquitectura máis contemporánea e o artigo de enlace que aparece en COMPOSTELA.

Efectivamente, moitos dos edificios de Le Corbusier son funcionalmente e estructuralmente un fracaso, a arte contemporánea está chea de edificios mitificados que realmente nunca chegaron a cumplir ben as funcións para a que foron feitos e nesta nova arquitectura-escultura parece que o único interese recae na forma.

Tres aspectos que se ben son certos convén que sexan matizados:

En favor de Le Corbusier hai que dicir marcou, e non só estéticamente, a arquitectura contemporánea. Algunha das súas ideas (perfeccionadas) séguense a utilizar na arquitectura máis básica de hoxe en día.

Sobre a mitificación dos edificios penso que resposta, entre outros moitos factores, ás necesidades dunha sociedade ansiosa de iconos identificativos e de impactos visuais.

Esta prevalencia da forma na arquitectura tense que incluir dentro dun contexto de auxe económico do turismo cultural no que as cidades se convirten nun verdadeiro escaparate e tamén co xeito en que funciona a industria arquitectónica. Os gabinetes de arquitectos preséntanse a moitos proxectos o que provoca en moitos casos unha falta de reflexión sobre os contidos e a situación do edificio. Os propios xurados que adxudican as obras fomentan a espectacularidade formal sobre o contido funcional.

E a pesar de todo isto ¡Cantos magníficos edificios nos deixa a arquitectura de hoxe en día! ¡Como non sucumbir ao encanto da forma se agora a técnica permítenos construir os proxectos que eran utópicos non hai moito tempo!.

Símbolos do poder da cidade, iconos locais que buscan ser referencia na lembranza do turista, arquitecturas, en definitiva, para abraiar, para ser vistas mentras outros a padecen.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License